Convite ao Día da Economía Social Galega

Mércores 2 de novembro de 2022
Cidade da Cultura (Monte Gaiás s/n) – Santiago de Compostela

 



A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade convida ás cooperativas socias da Unión de Cooperativas EspazoCoop ao evento “Día da Economía Social Galega” organizado pola Xunta de Galicia e o Foro pola Economía Social Galega, que terá lugar o mércores 2 de novembro a partir das 9:30 h. no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela.


Inscrición neste enlace (prazo venres 28 de outubro ás 15 h.)


Durante a mañá, a partir das 9:30 h. :

Na apertura do acto intervirá o Alcalde de Santiago D. Xosé Sanches Bugallo e continuará coa recepción e intervención de representantes institucionais do Ministerio de Traballo e Economía Social, das Comunidades Autónomas de Murcia, Andalucía e Navarra, e por último a intervención da anfitrioa, a Xunta de Galicia.

No acto realizarase a Sinatura do acordo de colaboración pola Economía Social entre as comunidades autónomas e as entidades asociativas da economía social.

A continuación darase paso ás Conversas entre Administracións autonómicas e representantes asociativos da Economía Social no territorio, nas que, entre outras, contarase con participación da Comisión Europea.

Seguirá unha Actuación artística, despois da cal abriranse os Coloquios de boas prácticas nos que participarán empresas da economía social e asociacións do sector de diferentes Comunidades Autónomas.

Despois da Pausa-Café, realizaranse un Traballo grupal e participativo organizado en cinco temáticas para recoller as inquedanzas e intereses do sector da economía social en asuntos como: economía dos coidados, agroalimentación e produtos locais, economía circular e xestión de residuos, enerxías renovables, e industrias culturais.

E para finalizar a mañá, antes do Xantar, realizarase un Showcooking con produtos locais de cooperativas agroalimentarias a cargo da cociñeira Estrella Michelín Lucía Freitas.

Durante a tarde, a partir das 16:00 h. :

Mesa redonda sobre o impacto socioeconómico da Economía Social en Galicia.

Actuación musical.

Intervención de tódolos Grupos de traballo e quendas de preguntas.

Ás 18 h. realizarase a Clausura do acto.

Agardando que sexa de interese a participación no Día da Economía Social Galega, animamos ás cooperativas socias e outras organizacións e empresas da economía social galega a asistir ao evento o próximo 2 de novembro.

Inscrición neste enlace (prazo venres 28 de outubro ás 15 h.)