UGACOTA é socia de Coop57, forma parte desta cooperativa de servizos financeiros éticos e solidarios que promove as finanzas éticas, a Unión ademais, é membro do consello da sección galega desta cooperativa, por elo participou no Consello reitor de Coop57 en Barcelona o 6 de outubro.

En concreto, da sección galega participa unha representación de tres persoas :

– Ana Rosa Lorenzo – Consello galego, Presidenta.

– Mar Pernas – Consello galego, Ugacota.

– Ramón Carmelo Rodríguez – Secretaría técnica en Galicia.

Estes foron os temas tratados na reunión do consello :

– Proceso de elaboración do plan de traballo e o orzamento 2015: dun xeito máis participado conforme ás demandas e mandato da Asemblea, tratando o procedemento e a documentación para recoller achegas, que xa se atopa en marcha.

– Renovación da presidencia.

– Seguimento do traballo dos proxectos estables.

– Persoas socias de traballo: cota de entrada e retorno cooperativo.

– Fundación Coop57 (posta en marcha conforme a certos criterios e un código ético de funcionamento).

– La Borda: proposta de financiamento da cooperativa de viviendas en cesión de uso.

– Lei de cooperativas e rexistro de novos estatutos.

– Varios:

– Visita de La Nef ás oficinas de Barcelona (28-10-2015).

– Principios de Coop57: proposta de actualización.

– Préstamos participativos: remuneración variable.

COOP57 GALIZA : 986 89 65 26 – galicia@coop57.coopwww.coop57.coop/gl/galiza