Coñece ás novas cooperativas socias de EspazoCoop
Presentamos a un novo grupo de cooperativas, deixamos a súa referencia para coñecelas e que podan ser tidas en conta á hora de practicar un consumo ou comercio cooperativo, intercooperar, como aliadas á hora de realizar traballos en común, ou para facer redes no sector cooperativo, son:
- Mecanigal | Fabricación e reparación de produtos mecánicos
- Arriba Peque | Fotografía infantil
- Mada Producións | Proxectos culturais
- Terra&Gando Consultores | Consultoría
- Terra Audiovisual | Contidos audiovisuais
- Roda | Audiovisuais
- Malas Sementes | Cantina
- Fermoso Logopedia | Clínica de logopedia
- Egalitaria | Consultoría
- Avelaíñas | Consultoría enerxética
- A Xoaniña | Axuda no fogar
- A Eira | Proxectos sociais e educativos
- Coopforma | Coaching executivo
• MECANIGAL •
MECANIGAL | Fabricación e reparación de produtos mecánicos
MecaniGal nace como unha cooperativa especializada en servizos de mecanizado de alta precisión, fabricación de pezas e reparación de maquinaria e ferramenta.
Ofrecen solucións de enxeñeiría, apoiadas nun equipo con ampla experiencia no sector e na maquinaria de última xeración. En MecaniGal, cubren diversos sectores industriais, proporcionando pezas clave para o desenvolvemento de proxectos en áreas como a automoción, a aeronáutica e a manufactura en xeral.
Mos (Pontevedra) | Cooperativa de Traballo | Web: https://mecanigal.com/
• ARRIBA PEQUE •
ARRIBA PEQUE | Fotografía infantil
Cangas (Pontevedra) | Cooperativa de Traballo | Web: https://arribapeque.es/
• MADA PRODUCIÓNS •
MADA PRODUCIÓNS | Proxectos culturais
Mada Producións desenvolven iniciativas culturais con criterios de calidade, sostibilidade e mellora social.
Os seus servizos son:
- PRODUCIÓN: de proxectos propios e alleos, creando e coordinando equipas de traballo e desenvolvendo cada fase coidando cada detalle.
- COMUNICACIÓN: especializada en redes sociais, porque transmitir ben o que se fai e ter unha comunidade conectada, é imprescindible.
- ACCESIBILIDADE: medidas concretas para facer máis accesible calquera actividade cultural (mochilas vibratorias, intérpretes LSE, lectura fácil, etc.) porque a cultura ten que chegar a todas as persoas.
Teo (A Coruña) | Cooperativa de Traballo | Web: https://madapro.gal/
• TERRA & GANDO CONSULTORES •
Terra & Gando Consultores | Consultoría
Lalín (Pontevedra) | Cooperativa de Traballo | Web: http://www.terraegando.com/
• TERRA AUDIOVISUAL •
Terra Audiovisual | Contidos audiovisuais
Terra Audiovisual é unha cooperativa adicada á creación de contidos audiovisuais con impacto social e
educativo. Están especializados na produción de vídeos, fotografía profesional e deseño de materiais
dixitais, sempre cun enfoque innovador e colaborativo.
Ademais, desenvolven programas formativos en oratoria, debate e emprendemento para centros educativos, promovendo o pensamento crítico e a creatividade nas novas xeracións. O seu compromiso coa cultura cooperativa e o desenvolvemento sostible, cun especial enfoque no rural, reflicte a súa visión de transformar ideas en proxectos que inspiren e conecten coa comunidade.
A Cañiza (Pontevedra) | Cooperativa de Traballo | Redes sociais: xxxxxx
• RODA •
Roda | Audiovisuais
Cooperativa do sector audiovisual que ofrece servizos de produción de eventos, vídeos para redes
sociais, streaming multicámara, bodas cinematográficas, videoclips, documentais e xestión de redes
sociais.
Combinan tecnoloxía avanzada e creatividade para entregar solucións únicas e de alta calidade, adaptadas a cada proxecto e cliente.
Arteixo (A Coruña) | Cooperativa de Traballo | Web: https://roda.gal/
• MALAS SEMENTES •
Malas Sementes | Cantina
A cooperativa Malas Sementes xestionan a cantina do Mercado de San Agustín, na que ofrecen servizos de hostelería, catering e tenda de produtos galegos.
Tamén realizan servizos de comunicación e xornalismo.
A Coruña | Cooperativa de Traballo | Web: http://www.aparva.gal/
• FERMOSO LOGOPEDIA •
Fermoso Logopedia | Centro de logopedia
Fermoso Logopedia son unha clínica que ofrece servizos de logopedia.
Vigo | Cooperativa de Traballo | Web: http://hermosoferrer.logopedia
• EGALITARIA •
Egalitaria | Consultoría
Egalitaria é unha cooperativa que ofrece servizos de consultoría de igualdade e formación.
Cerdedo-Cotobade (Pontevedra) | Cooperativa de Traballo
• AVELAÍÑAS •
Avelaíñas | Consultoría enerxética
Avelaíñas e unha cooperativa que ofrece servizos de consultoría e asesoramento enerxético.
Ames (A Coruña) | Cooperativa de Traballo | Web: http://www.avelainas.com/
• A XOANIÑA •
A Xoaniña | Axuda no fogar
A cooperativa A Xoaniña presta servizos de axuda no fogar á poboación do concello de Vilariño de Conso que veñen derivados dende a entidade municipal. Ademais, realiza coidados e servizos de limpeza en vivendas.
Vilariño de Conso (Ourense) | Cooperativa de Traballo
• A EIRA •
A Eira | Proxectos socias e educativos
A Eira é unha cooperativa de iniciativa social situada na Costa da Morte, que nace co firme propósito de xerar un impacto positivo na nosa comunidade.
Os seus servizos son:
– Web e redes: Creación de solucións dixitais que reflictan a identidade das persoas e organizacións da comunidade, levando o bo facer máis alá das nosas fronteiras.
– Educación: Ofrecen formación en diversas áreas (tecnoloxía, igualdade, convivencia…) e para distintas idades, así como terapias individualizadas na área de psicopedagoxía.
– Proxectos sociais e educativos: Promoven proxectos educativos e de intervención social que fomenten a inclusión, a igualdade de oportunidades e o desenvolvemento persoal e profesional.
Cee (A Coruña) | Cooperativa de Traballo | Web: https://anosaeira.es/
• COOPFORMA •
Coopforma | Coaching executivo
Coopforma ofrece servizos de patrocinio e mentoría a proxectos de interese social. Presta servicios de desenvolvemento persoal e profesional, e programas de coaching executivo.
As Neves (Pontevedra) | Cooperativa de Traballo
Somos a maior rede de cooperativas en Galicia, con 271 cooperativas, ASÓCIATE! aquí
Consulta o Directorio das cooperativas socias de EspazoCoop aquí
Leave A Comment