Comezaron a celebrarse as reunións dos Grupos de Traballo que se conformaron para desenvolver a Estratexia para o Impulso do Cooperativismo 2016-2020, impulsada pola Subdirección de Cooperativas e Economía Social, e que se traballa en colaboración coas Asociacións de Cooperativas Galegas.

As xuntanzas iniciaron en Setembro e continuarán durante os meses de Outubro e Novembro. Están funcionando os seguintes grupos:

– Cultura cooperativa.

– Emprendemento e Autoemprego.

– Mellora da Xestión e da Competitividade.

– Financiamento.

– Institucional.

Dende as Asociacións Ugacota, Ucetag e Sinerxia e as súas cooperativas socias, estase a participar nos seguintes grupos a través das personas que se indica :

Cultura cooperativa

Ana Lorenzo Vila (Cidadanía, s. coop. galega)

Emprendemento e Autoemprego

– Mar Pernas Márquez (Ugacota)

– M.ª Rosa López Balsera (ACR asesores e consultores, s. coop. galega)

– Susana Moroño Mondragón (Dalleqdalle, s.coop. galega)

Mellora da Xestión e da Competitividade

– Tino Gago Conde (Ugacota)

– Celso Gándara Carnero (Algalia, s. coop. galega)

Financiamento

– Domenico Tinelli (MedAtlantia Consultoría europea, s. coop. galega)

– Antón Insua López (Cidadanía, s. coop. galega)

– Juan M. Gómez Cabo (Xedega, s. coop. galega)

Institucional
Roberto A. Sanmartín (Ucetag)

Grupo de Traballo : `Mellora da Xestión e da Competitividade´. Fonte da foto: web do Cogaco