Como parte da Rede CIMAS (www.redcimas.org), a cooperativa Cidadanía quere trasladarvos a información sobre o Foro de Metodoloxías Participativas que celebrarán en Madrid os días 22 a 24 de abril de 2016.

O encontro articúlase en talleres de traballo en común, que permitan reflexionar, compartir e repensar os procesos participativos cos que se traballa desde diferentes entidades. Como temas para os talleres temáticos hai propostas sobre os:

– Plans Comunitarios

– Orzamentos Participativos

– Participación Dixital e Redes Sociais

– Desenvolvemento Territorial Sustentable…

con algúns eixos transversais, como os de: saúde, educación, xénero, experiencias/prácticas, creatividade social e interculturalidade.

Podedes consultar máis información en: Foro Metodoloxias Participativas.