Ante a inminencia das eleccións ao Parlamento Europeo o próximo mes de maio, a Confederación Empresarial Española de la Economía Social (CEPES) solicitou aos grupos políticos que incorporen nos seus programas electorais as propostas da patronal da Economía Social, todas elas destinadas a crear emprego, riqueza e cohesión social e territorial.

CEPES trasladoulles o documento : ” Eleccións Europeas 2014. Construír Europa dende as empresas de Economía Social” , nel inclúense tres liñas de propostas:

1. Reforzar as instancias e a axenda de traballo das institucións europeas coas empresas de Economía Social.

2. Establecer un plan europeo de acción para o reforzo das empresas de Economía Social.

3. Que as políticas económicas e sociais da UE teñan en conta ás empresas de Economía Social.

Para ler máis, fai clic : CEPES pide aos grupos políticos que contemplen a Economía Social nos seus programas electorais

 

Fonte: Boletín Dixital Cepes, febreiro 2014