• O acordo asinado entre CEPES e Banco Sabadell fai fincapé no acceso a liñas de financiamento.
• Poderán acollerse ao convenio todas as organizacións e empresas integradas en CEPES.
A Confederación Empresarial Española de la Economía Social (CEPES) e o Banco Sabadell asinaron un convenio de colaboración que permitirá ás empresas deste sector empresarial ter acceso a condicións favorables de financiamento.
O convenio foi asinado por Blanca Montero, subdirectora xeral do Banco Sabadell, e o presidente de CEPES, Juan Antonio Pedreño.
Ambas entidades confirman con este convenio o seu apoio ás organizacións e ás persoas que integran este modelo social e empresarial máis participativo, transparente e competitivo.
O obxetivo principal do acordo, que terá un prazo dun ano prorrogable, será atender as necesidades financeiras das empresas do ámbito de CEPES a través dunha amplia gama de servizos e produtos bancarios en condicións preferentes, así como establecer liñas especiais de financiamento.
Este acordo céntrase en atopar liñas de crédito e servizos, que permitan tanto o financiamento das vendas, o acceso a novos mercados nacionais e internacionais, así como a incorporación ás novas tecnoloxías, situacións todas elas de gran trascendencia para conquerir o obxetivo de incremento da competitividade na economía española.
O presidente de CEPES, Juan Antonio Pedreño, sinalou que “este convenio co Banco Sabadell é importante porque contribúe a solucionar unha necesidade das empresas da Economía Social, como é acceder a fontes de financiamento en condicións favorables, grazas ao cal poden mellorar a súa competitividade, crecer e seguir xerando emprego estable e riqueza económica e social”.
Fonte e imaxe: web de CEPES