A cita foi o pasado sábado 4 de xullo na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, onde un ano máis, a Consellería de Traballo e Benestar promoveu unha xornada de celebración do Día Internacional do Cooperativismo.
Facémonos eco, entre outras mencións, da entrega do Premio ao Mellor Proxecto Cooperativo 2015 á cooperativa NÚMAX, asociada a Ugacota, e a presenza no evento das asociacións Ugacota, Sinerxia e Ucetag, que participaron na xornada, na entrega de distintos premios, e no xantar de confraternidade elaborado con produtos cooperativos.
Podes ver parte do álbum fotográfico da entrega do premio a Númax e da presenza das asociacións nesta galería (se queres ver máis, nas redes sociais do Cogaco, no facebook Cooperativízate!, hai unha boa mostra) :