Ugacota, en colaboración con Novacaixagalicia e a Consellería de Traballo e Benestar, ven de poñer en marcha unha nova edición de Bolsas de Xerencia en Cooperativas, este recurso forma parte do “Programa de apoio á función xerencial en cooperativas”.
Dito programa márcase como obxectivo dar resposta a unha carencia, presente nunha parte importante das cooperativas galegas, como é a falta de cualificación das socias na área da xestión empresarial e directiva da cooperativa , ou a falta de persoal específico para atender este ámbito. Esta situación afecta negativamente ás posibilidades de crecer e consolidarse da empresa.
As bolsas, ofrecen a posibilidade de contar, durante 9 meses, cunha persoa cualificada na área empresarial, que realiza labores xerenciais en prácticas, e desenvolve un Plan de mellora para a cooperativa. Isto faino co apoio e o seguimento dun titor especializado de Ugacota, e seguinto un Plan Formativo, teórico – práctico. Adxudicáronse nesta convocatoria 3 bolsas. As persoas bolseiras perciben unha axuda mensual de 400 €, e se incorporaron no mes de marzo ás cooperativas beneficiarias, a Frugal s. coop. galega, a Nova Aseconia s. coop. galega, e ao Colexio Vila do Arenteiro s. coop. galega.
Cooperativas que foron beneficiarias do programa, consideran moi positivo ter participado, polo apoio que se lles deu aos seus proxectos, e polos resultados do traballo feito polas persoas bolseiras. As cooperativas consideran de moito proveito tanto a análise feita da cooperativa, como as propostas de mellora que se teñen realizado, e incluso implementado. Este balance acumulado, xa son 23 as cooperativas que foron adxudicatarias de bolsas, lévanos a dar continuidade ao programa, e por en marcha a 5ª convocatoria, que estará en funcionamento ata novembro de 2013.
[…] info en ugacota.coop ou Obra social […]