Axenda Intersectorial: impulso da Economía Social como catalizador da Economía Laranxa
Esta axenda intersectorial, elaborada por EspazoCoop, fai parte das ferramentas do Proxecto ES-Factory coas que axudará a impulsar a Economía Social como catalizadora de sectores identificados como emerxentes: a Economía Laranxa. Na Axenda analízase a chamada economía laranxa, a súa importancia e necesidades, e aborda o potencial de creación de empresas neste sector, en especial baixo o modelo cooperativo.
Dita axenda pretende contribuír á definición das políticas, programas e proxectos que poidan marcar conexións e sinerxías entre ambas economías, favorecendo o desenvolvemento de novas oportunidades laborais, especialmente entre mozas e mulleres.
A Axenda Intersectorial que presentamos fai parte dun conxunto de recursos, ferramentas, axendas, informes e guías que elaboran os socios colaboradores de ES-Factory.
Axenda Intersectorial: Impulso da Economía Social como catalizador da Economía Laranxa, neste enlace
ES-Factory: Rede de aceleradoras da economía social para impulsar e consolidar as actividades nas novas economías emerxentes, é un proxecto europeo que lidera a Xunta de Galicia en consorcio con entidades de Galicia e Norte de Portugal, do que a Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop é socia.
*A Axenda Intersectorial para o impulso da Economía Social como catalizador da Economía Laranxa foi elaborada pola cooperativa O Cable Inglés, en coordinación e baixo a dirección da Unión de Cooperativas EspazoCoop.
Iniciativa no marco do programa:

Proxecto 0259_ES_Factory_1_E que está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER no marco do programa Interreg VI A España – Portugal 2021-2027
—-
Leave A Comment