Celebrouse a 1ª Asemblea xeral da unión de cooperativas Espazocoop | 2 xuño 2017

O venres 2 de xuño á tarde celebrouse a primeira asemblea de socias de Espazocoop, e a continuación un acto de visibilización e posta en valor do cooperativismo, que serviu tanto como peche do proceso de fusión, como de presentación  aos medios e á cidadanía de Espazocoop. O evento tamén foi unha celebración do cooperativismo.

A Asemblea desenvolveuse dende ás 15.30 h. na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, contou coa participación de cooperativas socias, representantes do consello reitor e membros do equipo técnico da unión.

Presentouse o Informe da xestión social de 2016 das entidades fusionadas e aprobáronse as Contas 2016 e a Distribución do resultado económico. No referente ao ano actual presentouse e aprobouse o Plan de traballo e os Orzamentos 2017, e por último abordouse o importe da cota asociativa para este ano.

A asemblea, é un espazo de participación, no que tratar cuestións obrigatorias e formais, pero tamén é un espazo no que optimizamos a asistencia das socias e desenvolvemos dinámicas de participación para recoller inquedanzas, reflexións e demandas das cooperativas. Nesta ocasión tamén reservamos un tempo para explorar necesidades, reflexións e facilitar a expresión.

Convocatoria – Asemblea de socias Espazocoop 02/06/17 : aquí

Na sección Transparencia da web podes consultar documentación presentada en asemblea.

 

O pase de diapositivas require JavaScript.

 

Ven coñecer ás cooperativas!. Unha oportunidade para cambialo todo | 2 xuño 2017

A partir das 18 h. celebrouse unha xornada de posta en valor do cooperativismo, cun programa no que se incluiron reflexións e conversas, humor e degustación de produtos cooperativos. O acto estivo aberto á cidadanía.

Saber máis