Asemblea xeral ordinaria de Ugacota 2014. Dirixida ás cooperativas asociadas.
¿ Cando ? :
O sábado 7 de xuño Ugacota celebra a Asemblea Xeral 2014 .
¿ Onde ? :
A cooperativa socia anfitriona é Luscofusco, na que se organiza a asemblea este ano, están no lugar de : Agoso ( Concello de Teo ), a 15 km de Santiago de Compostela.
Fai clic : Coñece Luscofusco , un novo concepto de espazo infantil. Obtiveron o Premio ao Mellor Proxecto Cooperativo 2013.
Ademais de presentar e aprobar os asuntos propios destas asembleas (as contas anuais, o balance social, o plan de actividades 2014, etc.. ), a asemblea tamén trata de ser un espazo para afianzar o intercambio e o coñecemento mutuo, a través da celebración dunha xornada lúdica.
Para facilitar a asistencia do maior número de cooperativistas, ao tempo que poder disfrutar do contorno no que se vai desenvolver o encontro, ofrecémosvos varios servizos, dos que podedes facer uso de forma gratuíta.
Como sempre, trala reunión, celebraremos un xantar .
Convocatoria e confirmación de participación :
Fai clic :
– Convocatoria (que inclúe as indicacións para chegar ao lugar de celebración)
– Ficha de inscrición ( reenviar cumprimentada indicando as persoas que asistirán á asemblea, así como o interese polos servizos propostos, ao e-mail : ugacota@ugacota.coop )
Agardámosvos a todos e todas para disfrutar dunha xornada de participación e celebración cooperativa.
+ Información : 981 575 578