As universidades inclúen nos seus programas materias de economía social, solidaria, ou colaborativa. Algúns exemplos, entre outros, son:
Sevilla: Economía colaborativa: Novos modelos de intervención social para a creación de benestar e emprego, na Universidade Pablo de Olavide.
Zaragoza: Curso Experto/a Universitario/a en Economía social na Universidade de Zaragoza.
Gipuzkoa: Economía Social e Empresa Cooperativa, na Universidade de Mondragón.
E agora Madrid, súmase ás distintas iniciativas cun postgrao en Xestión e Promoción de Empresas de Economía Solidaria e Social, na Universidade Complutense de Madrid. O seu obxetivo é dotar de coñecementos e competencias necesarias para crear, desenvolver, xestionar, investigar, innovar e liderar empresas de Economía Social e Solidaria, así como para facilitar a cooperación entre elas.
A UCM considera que no actual contexto de crise, a Economía Social e Solidaria preséntase como unha alternativa potente ante o derrubamento do modelo socioeconómico dominante. “As cooperativas e empresas de Economía Social e Solidaria apostan por unha economía centrada nas persoas, guiada por principios e valores éticos, solidarios, democráticos e ecolóxicos e valoran os proxectos sostibles e socialmente responsables, demostrando que é posible outra forma de entender a economía”.