Mensaxe da Aci no Día da Muller 2019
As cooperativas, un modelo empresarial innovador construído sobre o alicerce da equidade de xénero
Por: María Eugenia Pérez Zea, presidenta do Comité de Equidade de Xénero da Alianza Cooperativa Internacional (ACI)
“Pensemos en igualdade, construamos con intelixencia, innovemos para o cambio” é o lema do Día Internacional da Muller das Nacións Unidas. As mulleres e homes cooperativistas do mundo enteiro facemos un chamado para mostrar de que xeito as cooperativas son un modelo empresarial innovador que constrúe sobre o alicerce da equidade de xénero.
Coa membresía aberta como un dos sete principios cooperativos, a igualdade de xénero foi unha característica clave do movemento cooperativo. O cooperativismo vai por diante en materia de innovación, porque a innovación provén das persoas, e as cooperativas, ao poñer o foco en resolver as necesidades e aspiracións dos seus membros, adáptanse constantemente ás demandas dunha sociedade en continua evolución.
Esta data é unha oportunidade para recoñecer as contribucións das mulleres ao desenvolvemento das sociedades e do mundo enteiro, a través do traballo remunerado e non remunerado.
En diferentes países ao redor do mundo, o Comité de Equidade de Xénero da ACI puido constatar varios casos concretos que mostran de que xeito as cooperativas están apoiando á muller a ter un equilibrio entre a vida laboral e a familiar, proporcionando emprego de calidade e de longo prazo.
Para iso, é esencial priorizar procesos inclusivos, participativos e integrales dentro dos nosos gobernos. Procesos dirixidos a todos os sectores, instituidos como políticas estatais que posibiliten o seu dinamismo, a través de estratexias innovadoras nas que as mulleres desempeñen un papel determinante na construción do país.
Para iso, é esencial priorizar procesos inclusivos, participativos e integrales dentro dos nosos gobernos. Procesos dirixidos a todos os sectores, instituidos como políticas estatais que posibiliten o seu dinamismo, a través de estratexias innovadoras nas que as mulleres desempeñen un papel determinante na construción do país.
Chamamos ao fomento dunha economía baseada na solidariedade, e a implementala como unha saída aos problemas de disparidade social grazas á súa esencia e natureza de participación democrática, inclusión, ben común e equidade.
Hoxe tamén queremos recordar o papel das cooperativas que brindan oportunidades de traballo e inclusión social ás mulleres vítimas da violencia. É noso deber poñer fin a trata de nenas e mulleres, á mutilación xenital feminina, ao matrimonio infantil, á desigualdade salarial, aos feminicidios e o acoso sexual e laboral.Esta é unha tarefa de todas e todos, así que ofrezamos condicións de educación digna e incluínte, fagamos xustiza e rexeitemos a impunidade para quen violenta e abusa das mulleres.
Na actualidade, contamos cos medios para estar cada vez máis preto, máis conectadas e decatadas do que pasa en todo o mundo. Saquemos proveito da globalización e das relacións que existen entre os países e entre as persoas para pensar en igualdade.
É necesario afrontar os retos e xerar cambios trascendentales a través da innovación, tendo en conta as transformacións das sociedades. Vemos que as cooperativas poden axudar neste sentido, xa que nalgunhas áreas do mundo, os novos sectores de actividade, vinculados á tecnoloxía da innovación, ven unha forte presenza de mulleres cooperativistas novas.
O modelo cooperativo é particularmente axeitado para resolver estes desafíos porque ten a capacidade de educar plenamente aos diversos actores involucrados na actividade a través do control conxunto e democrático.
Temos a ardua labor de aportar e sumarnos á construción dun futuro óptimo e mellor para todas as nenas e mulleres. Traballemos desde o cooperativismo por facer realidade o Obxectivo número 5 dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostenible.