As cooperativas crearon 22.000 empregos entre 2015 e 2016

Segundo o último informe de CICOPA no mundo hai 250 millóns de empregos cooperativos. Se o circunscribimos ao G20, son 234 millóns, aproximadamente o 12% da poboación ocupada.

 

En España, os datos do Ministerio de Emprego para 2015 e 2016 dan un incremento de 22.800 empregos nas cooperativas, dos que case o 80% son en cooperativas de traballo asociado.

Estas cifras foron presentadas pola Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado (COCETA) durante a súa Asemblea Xeral o 19 de xuño de 2017.

A 31 de decembro de 2016 había en España 20.792 cooperativas, das que 17.115 eran de traballo asociado. 315 mil persoas eran socias de alta na Seguridade Social; e máis de 250.000 persoas socias traballadoras, empregos directos das cooperativas de traballo.

Nova creación en 2016

A nivel evolutivo, as cifras volven ser positivas, pois a liña de crecemento de creación de cooperativas ano tras ano pasou de 711 novas cooperativas en 2007 a 1.058 en 2016.

Por Comunidades Autónomas, as que máis cooperativas de traballo crearon en 2016 foron Andalucía (186), Murcia (110), a Comunidade Valenciana (144), Catalunya (155) e Euskadi (159).

Por sector de actividade destaca o dos servizos, con 794 novas cooperativas en 2016 e 2.409 novos empregos. A construción é o segundo dos sectores por orde de importancia, seguido do sector agrario e o de industria.

Retos

Durante a Asemblea Xeral, Juan Antonio Pedreño, reelixido presidente de COCETA, quixo destacar algún dos desafíos aos que se enfrontan as cooperativas de traballo. O primeiro deles é o do modelo económico: “A sociedade xa non aposta por unha aposta capitalista ao uso”, explicou Pedreño, “senón por empresas máis transparentes, máis participativas, con beneficios sociais. Ademais, enfrontámosnos/enfrontámonos a cambios demográficos como un maior envellecemento e un maior número de mozas e mozos que se incorporan ao mercado laboral, e polo tanto necesitan postos de traballo”.

Outros dos grandes desafíos do cooperativismo de traballo son os rápidos cambios tecnolóxicos; o redescubrimiento das cooperativas por parte dos traballadores e traballadoras, que comezan a darse conta que existe outro modelo e que poden, por exemplo, recuperar empresas en crise; e a falta xeneralizada de información sobre o modelo cooperativo por parte da sociedade.

“Ante isto o movemento cooperativo ten que actuar”, continuou Pedreño. “Necesitamos mellorar a contorna regulatoria que afecta ás cooperativas de traballo; incrementar os coñecementos da sociedade sobre educación e formación en cooperativas; e incluír programas de estudo nos programas educativos. Temos tamén que sobrepoñernos ao carácter local que teñen as cooperativas, e apoiarnos en estruturas como COCETA, e ata como a Confederación Empresarial Española de Economía Social (CEPES), que nos permiten estar nos foros de discusión sobre políticas públicas”.

Fotografía do cooperativismo de traballo

As cooperativas de traballo caracterízanse por ofrecer emprego estable e de calidade. O 81,9% de persoas socias das cooperativas de traballo asociado teñen xornada a tempo completo, unha característica que camiña en sentido contrario aos novos empregos creados durante a crise, que adoitan ser a tempo parcial. Ademais, as cooperativas de traballo caracterízanse por estar moito mellor situadas no que respecta á igualdade de xénero. E o 49% de persoas socias das cooperativas de traballo son mulleres, e máis do 30% ocupan postos de responsabilidade, unha cifra moito maior que nas empresas de capital.

A franxa maior de idade das persoas cooperativistas comeza con xente nova e consolídase a unha idade media, cando xa se pasou por unha traxectoria laboral. O 37,1% das persoas que forman as cooperativas de traballo ten entre 25 e 39 anos. E o 43,5% ten entre 40 e 54 anos.

O conxunto de entidades membro de COCETA supón un total de 22.100 millóns de facturación. O volume de negocios medio pódese estimar en 1,3 millóns de euros anuais por cooperativa de traballo.

Mesa redonda

Durante a xornada da Asemblea tivo lugar a Mesa-Coloquio “Cooperativas e Economía Social: políticas autonómicas para o fomento e o desenvolvemento”, presentada pola vicepresidenta de COCETA, Malena Riudavets, que contou coa intervención de responsables institucionais en economía social e cooperativismo de Andalucía, Catalunya, Madrid, Murcia, Navarra e País Vasco.

José Roales, director xeral de Economía Social da Xunta de Andalucía, explicou entre outras cousas que veñen traballando desde fai xa moitos anos para fomentar o sector e que cambiaron a Lei para permitir que se amplíe a cantidade de cooperativas creadas.

Pola súa banda, Josep Vidal, da Generalitat de Catalunya, indicou que na súa comunidade apostouse, con 16 millóns de euros en 2017 para fomentar a economía social, con iniciativas como o programa aracoop, dez ateneos cooperativos por diferentes partes do territorio catalán e máis.

Jokin Diaz, do País Vasco, referiuse á modificación da lei de cooperativas, que se presentará en 2018. Crearase unha mesa de traballo, en conxunto cos diferentes actores do cooperativismo para elaborar conxuntamente un anteproxecto consensuado polas partes. Dentro do Plan Estratéxico vasco está o “crear unha unidade didáctica para que se implemente en todo o ámbito educativo o tema cooperativo e da economía social en xeral”.

Pablo García Valdecasas, da Unidade de Economía Social da Comunidade de Madrid, explicou que teñen o obxectivo de facer unha nova Lei de cooperativas. Atópanse en conversacións para recoller elementos que a actual lei non reflicte. Entre outras cousas, esperan eliminar as cargas administrativas, e facilitar a reconversión de empresas en crise.

Desde a Rexión de Murcia, Nuria Fontes, directora xeral de Relacións Laborais e Economía Social da Rexión, dixo que están preparando un novo Plan xeral de economía social, con preto de 6 millóns de euros, “unha aposta moi forte pola economía social, un compromiso nun lugar pequeno como a Rexión de Murcia”.

E para rematar, Javier Zubicoa, director do Servizo Traballo do Goberno de Navarra, indicou que fixeron un Primeiro Plan de Economía Social, “centrado en varias liñas, entre as que se atopa a innovación social, a internacionalización, mellora da xestión, e a gobernanza participativa”.

Para máis información comunicarse co Departamento de Comunicación de Coceta:

Teléfono: 91 446 9750 | prensa@coceta.coop | www.coceta.coop