A pasada semana puxéronse en marcha as bolsas de xerencia en cooperativas nos centros das cooperativas beneficiariase Cofepa, 3 C Calidad y Control, e Pulponor.
As tres persoas bolseiras seleccionadas, con formación empresarial, Chamorro Santamaría, David Bouza, e María Santos, incorporáronse ás cooperativas para prestar apoio na área da xerencia deste proxectos. Durante a súa estadía de prácticas os próximos 6 meses, recibirán formación e titorización especializada da man dun técnico de Ugacota, Tino Gago, para desenvolver as funcións e o programa de apoio.
Lembramos que, en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar, Ugacota promove o Programa de Bolsas Xerenciais en Cooperativas 2014, un proxecto que se marca como obxectivo dar resposta a unha carencia, presente nunha parte importante das cooperativas galegas, como é a baixa porcentaxe de xerencias profesionalizadas. Unha situación que afecta ás posibilidades de crecer e consolidarse da empresa, por elo, mediante as bolsas trátase de mellorar e impulsar a función xerencial nas cooperativas beneficiarias, e ao mesmo tempo reforzar as posibilidades de consolidar o proxecto.