Arbore da Vida Celta é unha cooperativa para o coidado da saúde.
As súas actividades e servizos están enfocados cara as terapias alternativas ou a saúde vista dende un punto de vista natural, algunhas das cales están pensadas para o goce de toda a familia ou de grupos de familias. Prestan servizos terapéuticos e rehabilitadores nos que se inclúen: fisioterapia, kinesioloxía, quiromasaxe, hidroterapia do colon, ou terapia Gestalt con cabalos.
O venres 16 de marzo en Vigo ás 19 h. , convídante á charla: ‘Os cabalos e o benestar emocional’ coa veterinaria especializada en coaching con cabalos Candy Rodríguez. (Previa reserva de praza).