O próximo venres 12 de xuño ás 11 horas, celébrase o acto de peche do Programa Coopera+, que terá lugar no marco da 38 Feria Internacional Semana Verde de Galicia, en Silleda.
O programa Coopera+, que ten por obxecto a dinamización do tecido produtivo mediante o fomento do cooperativismo, enmárcase no Programa de Cooperación Transfronteiriza entre España e Portugal (POCTEP) .
No acto de peche exporanse os resultados do programa, analizarase o papel das cooperativas ante os novos retos da comercialización e internacionalización, e tratarase as novas perspectivas de financiamento comunitario.
Fai clic: Programa da xornada
O programa contou como socios coa: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social – Consellería de Traballo e Benestar (Xunta de Galicia), a Associação de Desenvolvimento da Região do Alto Tâmega, a Cámara de Comercio de Vigo, a Associação Empresarial de Viana do Castelo e a Universidade Católica Portuguesa – Facultade de Ciênciais Sociais.
A entrada é libre e gratuíta.