A Talangreira do Beque en Campaña de Avais para financiarse con Coop57
Apúntaste? Queres ser parte das garantías dun Proxecto Cooperativo en Moaña?
A cooperativa A Talangreira do Beque lanzou unha Campaña de recollida de avais, busca con elo acceder a financiamento para o seu proxecto profesional a través da solicitude dun préstamo a COOP57. Esta entidade de servizos financeiros ofrece un tipo de finanzas éticas con maior implicación social que apoia proxectos da economía social, como A Talangreira do Beque S. Coop. Galega.
A Talangreira do Beque xestionarán un complexo deportivo e de lecer en Moaña, na Fraga, un lugar de alto valor paixasístico, que será un espazo con servizos de bar, albergue, alugueiro de pistas de deporte e organización de actividades e eventos nas instalacións do Beque no Concello de Moaña.
Calquera pode apoialos para que acade financiamento, como? subscribindo un Aval e non implica desenvolsar diñeiro. Trátase de sumarse a unha garantía de natureza mancomunada, e supón que o importe total do préstamo que solicitan divídese de forma proporcional entre todas as persoas avalistas.
Para acceder a financiamento de Coop57, un dos requisitos é a subscrición de avais mancomunados, por un importe igual ao que se solicita a organización interesada.
Para que a campaña de avais sexa exitosa precisan amosar que a economía social e solidaria é unha rede colaborativa e que actúa como tal, por iso solicitan apoio para subscribir avais e para facer difusión da súa campaña. Aquí deixamos toda a información para que poidades valorar a subscrición de avais.
[ Coop57 outra forma de financiar ]
Información da solicitude de préstamo por A TALANGREIRA DO BEQUE S. Coop. Galega:
Préstamo a avalar
- Empréstito a longo prazo.
- Importe : 68.000 euros.
- Prazo: 10 anos.
- Finalidade : Financiar o Plan de Dinamización Integral das Instalacións do Complexo Deportivo e de Lecer O Beque.
Avais mancomunados
- Importes de subscrición : Avais entre 100,00 e 5.000,00 € (por avalista).
- Período de vixencia do aval: Ata Maio de 2032 ou ata a cancelación do mesmo.
Que son os avais mancomunados?
- Garantía que Coop57 solicita para a concesión do préstamo.
- Un compromiso con A Talangreira do Beque, que NON supón desembolso de diñeiro.
- A súa natureza mancomunada supón que o importe total do préstamo divídese de forma proporcional entre todas as persoas avalistas.
- Son persoais e non patrimoniais.
Prazo para comunicar a vontade de subscrición: ata o 30 de Decembro de 2022
Coordinación e xestión: A Talangreira do Beque Sociedade Cooperativa Galega.
COMO PODES COMUNICARNOS A SUBSCRICIÓN DE AVAIS MANCOMUNADOS?
[ Por correo postal ] Rúa Ramón Cabanillas nº 62, Ático. 36950 Moaña (Pontevedra)
[ Por teléfono ] Roberto 622 64 74 16 | Cristina 622 952 266 | Manuel 653 039 671
[ Por email ] Escríbenos a atalangreira@gmail.com
COMO SE FORMALIZA O AVAL MANCOMUNADO ?
[PASO 1] Comunicar a A Talangreira do Beque a vontade de subscribir un aval.
[PASO 2] Entregar o documento de compromiso de aval (cumprimentado e asinado, xunto do Dni ou CIF), en formato dixital, a enviar por correo electrónico a atalangreira@gmail.com antes do 30 de decembro de 2022.
No caso de que non poida asinar o aval de forma electrónica, enviar por correo postal o documento orixinal de compromiso de aval a: A Talangreira do Beque, Rúa Ramón Cabanillas nº 62, Ático. 36950 Moaña (Pontevedra).
DOCUMENTO COAS PREGUNTAS MÁIS FRECUENTES E A SOLICITUDE
Documento coas Preguntas máis Frecuentes e Solicitude para avalistas | NESTE ENLACE