Imaxe: Consello Reitor de UECOE co Conselleiro de Educación Martí March.

 

A Unión Española de Cooperativas de Ensino (Uecoe), celebra durante os días 7 e 8 de Marzo reunión do Consello Reitor en Palma de Mallorca, nesta xuntanza participa unha representación da Sectorial de Ensino de Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas.

A elección desta cidade para levar a cabo o consello está motivado no 50 aniversario do Colexio CIDE (Cooperativa de Ensino) de Palma, que ademais recibiu un premio de recoñecemento por esta longa traxectoria por parte da Unión de Cooperativa de Traballo Asociado das Illas Baleares. CIDE 50aniversario.

O Plan de traballo iniciou á tarde do 7 de marzo cunha reunión na Consellería de Educación, e xa na mañá do mércores 8 realízase unha visita ao Colexio CIDE, continuando coa xuntanza do consello reitor de UECOE, e finaliza cun xantar no propio Colexio. A reunión do consello vai a abordar estes asuntos:

  • Presentación, estudio, e no seu caso, aprobación da Memoria, Balance e Conta de Explotación do ano 2016.
  • Información xeral da Área de Presidencia.
  • Posicionamento de Uecoe ante a situación política e as posibilidades de reformas na lexislación educativa.
  • Posta en común dos avances dos Grupos de Traballo.
    (Organización / Xestión-Económico (Cotas) / Educativo / Identidade e Comunicación).
  • Información de formación e actividades Uecoe 2017.
  • Preparación da convocatoria de Asamblea Xeral Ordinaria da Unión Española de Cooperativas de Ensino:
    Data, hora, lugar e temas a tratar e incluir na orde do día: Memoria, Balance e Conta de Explotación 2016; Plan de Xestión de Uecoe 2017; Plan de Formación do Profesorado da Unión Española de Cooperativas de Ensino 2017; Adhesión de novos socios; Renovación parcial de Conlleiros/as e elección de cargos de Consello Reitor de Uecoe.

O pase de diapositivas require JavaScript.