O vindeiro 6 de outubro terá lugar unha xornada sobre a RSE nas empresas de economía social, coa participación de cooperativas e outras organizacións deste sector, asisten: Bodegas Martín Códax, Metal Ferrol, S.A.L, Fundación Ronsel, Viña Costeira,Trameve, Feiraco, Federación Galega de Confrarías, e Aje Galicia, para contar as súas prácticas e experiencias.
O evento contará cun espazo de debate especializado e ademais será presentado o Manual de RSE en entidades de economía social elaborado pola Xunta de Galicia que ten como obxectivo facilitar a comprensión dos principais estándares e referencias en materia de RSE, axudando á posta en marcha de actuacións responsables e estratéxicas por parte das entidades que conforman o sector da economía social en Galicia.
Se estás interesada ou interesado en asistir ao evento, podes inscribirte a través deste formulario web, no enderezo electrónico rse.economiasocial@gmail.com ou no teléfono 676 531 453.
O evento terá lugar en Santiago de Compostela, na Cidade da Cultura, no auditorio 2 do Centro de Innovación Cultural. Podes consultar o programa en detalle nesta ligazón.
Leer a nova completa aquí