A promoción do Cooperativismo de EspazoCoop no último ano destaca pola participación das mulleres

A Unión de Cooperativas EspazoCoop ven de facer balance da súa actividade no último, ano no marco das axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria para promoción do cooperativismo, e dentro da Programación da Rede EUSUMO , unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

– Máis de 900 persoas participaron nas 56 accións que ofreceu a Unión de Cooperativas Galegas no último ano

– O 65,33 % das usuarias son mulleres, e o 52,58 % están nunha cooperativa ou en entidades de economía social

EspazoCoop como organización adherida a Eusumo desenvolveu entre outubro 2017 e setembro 2018 diversos servizos, iniciativas e accións para promocionar o cooperativismo en Galicia entre as súas asociadas, usuarias, e a sociedade en xeral.  A Unión é unha entidade sen ánimo de lucro, formada por cooperativas de distinta tipoloxía creada para atender as necesidades das empresas asociadas, representar ó movemento cooperativo galego e promover os valores da cultura solidaria e os principios cooperativos nas súas empresas e no conxunto da cidadanía galega.

Actualmente asocia a 200 cooperativas galegas e traballa para que o Cooperativismo desempeñe un papel esencial na economía galega, defenden que é un bo exemplo á hora de crear e manter emprego de calidade, de fomentar unha economía participativa e transparente, de ser un axente relevante para lograr o desenvolvemento sostible das comunidades e territorios e conter a deslocalización, mellorando as condicións de vidas das persoas, cunha cultura empresarial cooperativa que demostra que é posible poñer en práctica valores como a igualdade de xénero ou doutra índole.

Estos son os datos extraídos do informe da actividade da Unión de Cooperativas Galegas no último ano no marco das axudas da Administración Galega.

  • Programáronse 32 cursos, a maioría en modalidade presencial pero tamén empregáronse formatos de teleformación (pura e mixta), dentro dunha oferta formada por 16 tipos de accións onde escoller. Un total de 87 usuarias pertencen a algunha empresa cooperativa galega. Nos cursos rexistráronse en situación laboral en activo a 218 beneficiarias.
  • Realizáronse 8 accións de asesoramento a grupos pre-cooperativos e impulsores de proxectos profesionais en organizacións de economía social.
  • Implementáronse 8 bolsas de xerencia en cooperativas para desenvolver procesos de mellora e consolidación.
  • Celebráronse 3 xornadas en distintas temáticas de interese para cooperativas e organizacións de economía social (ES)
  • Organizáronse 5 accións que teñen o carácter de actividades colaborativas (feitas en común coas entidades que forman o Foro pola Economía Social Galega)

A valoración dos servizos por parte das cooperativas e resto de usuarias en xeral é boa e son moi ben acollidos.

A participación das mulleres foi máis sobresaínte en actividades formativas como ‘Asembleas e Reunións’, ‘Xestión de Cooperativas de Traballo Asociado’, ‘Titoras de Teleformación’, ‘O Regulamento de Réxime Interno nas Cooperativas’, ‘Relevo Xeracional nas Cooperativas de Ensino’, ou ‘Dinamizando o Cooperativismo nun Sector con Potencial’, entre outras.

Tamén contouse con máis presenza de mulleres en xornadas técnicas sobre: Finanzas Responsables, a Lei de Protección de Datos, e Os Novos Retos das Cooperativas de Ensino galegas; nas actividades do Foro pola Economía Social Galega; e no Programa de Mellora e Consolidación: Bolsas de Xerencia en Cooperativas.

Curso ‘Relevo xeracional nas cooperativas de ensino’ 2018

 

 

Máis información sintetizada sobre a actividade da Unión:

22 obradoiros formativos presenciais | 301 beneficiarias

  • Achegándonos ao conflito. Habilidades sociais para a xestión do conflito (2 edicións)
  • Contabilidade para o emprendemento cooperativo (1 edición)
  • Cooperativas de ensino. Unha alternativa de emprego (2 edicións)
  • Dinamización do cooperativismo nun sector potencial (2 edicións)
  • Elabora o teu plan de empresa cooperativo (4 edicións)
  • Por que non traballamos en equipo? (3 edicións)
  • Formación cooperativa para persoas que queren emprender (6 edicións)
  • Formación titoras xerenciais en empresas de economía social (1 edición)
  • Programa especializado de formación xerencial cooperativa – Ferramentas para a Innovación: Design Thinking (1 edición)

10 cursos de teleformación, 4 mixta e 6 pura | 220 beneficiarias

  • Asembleas e reunións (2 edicións)
  • Regulamento de réxime interno en cooperativas (1 edición)
  • Relevo xeracional nas cooperativas de ensino (1 edición)
  • Iniciación á cooperativa (2 edicións)
  • Responsabilidade social empresarial nas cooperativas (2 edicións)
  • Xestión de cooperativas de traballo (1 edición)
  • Formación de teletitoras de economía social (1 edición)

5 actividades colaborativas (Foro pola Economía Social Galega) | 277 beneficiarias

  • Xornada de Presentación do Foro pola Economía Social Galega (1 edición)
  • Xornada A Nova Lei de Contratación Pública (1 edición)
  • Economía Social Meetings (sesións de Intercooperación e Networking) (3 edicións)
  • Planificación estratéxica e operativa do Foro pola Economía Social Galega
  • Manual de divulgación da economía social

3 xornadas | 105 beneficiarias

  • Xornada O Valor Social do Diñeiro: Finanzas Responsables (1 edición)
  • Xornada Nova Lei de Protección de Datos (1 edición)
  • Xornada As Cooperativas de Ensino Galegas ante os Retos Inmediatos (1 edición)

8 accións de asesoramento a grupos pre-cooperativos e impulsores de proxectos profesionais en organizacións de economía social | 17 beneficiarias

8 bolsas de xerencia en cooperativas | 30 beneficiarias

>>> Máis detalles e ampliación de información: Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop