A Mostra do Posible celébrase na fin de semana do 7 e 8 de outubro en Cangas do Morrazo, aínda que é un evento social de interese para toda Galicia. Finalmente son 54 os colectivos e entidades sociais participantes. Podedes consultalos en www.mostradoposible.gal
Durante esa fin de semana vanse realizar 24 actividades: 6 mesas redondas, 2 presentacións, 2 charlas, 3 obradoiros, 3 actividades sociais, radio en directo, 2 actividades infantís, 4 concertos e unha intervención poética. Ademáis, haberá zona de acampada gratuíta e xantares a prezos populares.
A Mostra do Posible é un encontro de movementos sociais e empresas de economía solidaria no que vai participar gran parte do tecido social galego. A finalidade da Mostra é visualizar que existen alternativas reais, democráticas, eficientes e fiables para construír entre todos un mundo máis xusto.
Preme na seguinte imaxe, para consultar a Programación completa da Mostra do Posible.
Podes seguir a Mostra nas redes :
* A Unión de Cooperativas Espazocoop colabora e apoia A Mostra do Posible.