A ministra de Traballo escenifica en Galicia o seu apoio á economía social e o modelo produtivo que representa.
O encontro con Yolanda Díaz Pérez, ministra de Traballo, e a directora xeral de Economía Social congregou en Santiago de Compostela aos representantes de todas as organizacións que conforman o Foro pola Economía Social Galega.
A día de hoxe, na economía social galega hai máis de 4.788 entidades, cun volume de emprego estimado de 24.904 persoas traballadoras e máis de 74.120 persoas socias, comuneiras ou mutualistas.
Santiago de Compostela, 6 de xullo 2020.
A ministra de Traballo Yolanda Díaz, acompañada pola directora xeral de Economía Social, Maravillas Espín, mantivo esta mañá en Santiago un encontro co Foro pola Economía Social Galega co que renovou a súa axenda de contactos coas comunidades nas que a economía social “demostra unha especial preponderancia”. Entre os obxectivo da reunión, avaliar os elementos que conforman o Plan Estratéxico da Economía Social de España.
Díaz sinalou no seu discurso a importancia do compromiso do Ministerio de Traballo e Economía Social, “que non se circunscribe só ao nome da carteira, senón que implica un claro apoio á un xeito de facer economía que serve para fixar poboación, que apoia o contorna rural e que amosou ser máis eficaz nos tempos duros de crises como pasou en 2008 e como está a pasar agora pola pandemia”.
A ministra tamén salientou o feito de que España presida a Economía Social no conxunto de Europa e anunciou un cume europeo en Toledo. Así mesmo, lembrou o esforzo lexislativo durante a pandemia “que permitiu que a Economía Social puidese, por exemplo, acollerse aos beneficios dos ERTE o adecuar o seu funcionamiento orgánico durante o estado de alarma.
Por su parte, Celso Gándara, presidente do Foro, destacou no encontró posterior cos medios o “comportamento diferencial” da economía social, “que afecta tanto á configuración dos seu persoal e ás condicións de traballo dos seus empregados, como a súa especialización produtiva e á súa localización xeográfica”. Isto conleva, dixo, “unha importante contribución á cohesión social e á cohesión territorial”.
Gándara explicou que os beneficios totais, tanto directos como indirectos, da economía social cífranse en 6.229 millóns de euros anuais dos cales: o 71,7% está vinculado á ocupación de colectivos con dificultades de acceso ao emprego, e o 16,9% á maior estabilidade no emprego.
Falou tamén o presidente do Foro do importante papel que pode xogar a economía social na reconstrucción económica e pediu o apoio da ministra para fomentar o emprendemento colectivo como motor para a reactivación económica “xa que ten máis capacidade de resiliencia que o individual. Este emprendemento ten que situarse en proxectos estratéxicos e cos debidos apoios institucionais e financeiros”.
Tamén referiuse a sectores en Galicia coma o agroalimentario, ensino, cultura, forestal, servizos sociais e sanidade “onde existen oportunidades que requiren de vontade política, plans e recursos”. Nesto censo, Celso Gándara pediu que todos os axentes que forman parte do sistema de apoio o emprendemento, coñezan a economía social, para podela ofrecer e derivar a recursos especializados para acompañar, así como a eliminación de limitacións que teñen algunhas empresas de economía social o acceso das axudas públicas xerais para empresas ordinarias.
A Galicia Vaciada
O presidente do Foro se referiu asimesmo a Galicia vaciada e o papel que xoga a economía social: “Onde hai unha cooperativa agroalimentaria é a principal empresa desa localidade”. Polo tanto, sinalou, a economía verde, a economía circular, a dixitalización e a economía social “son os ingredientes necesarios para abordar os retos do rural”.
Na reunión, á que tamén asistiu o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, interviron os representantes das diferentes organizacións que conforman o Foro para facer unha breve radiografía da situación actual e os retos que se lles presentan no futuro inmediato.
Máis de 4.700 organizacións e case 25 mil persoas traballadoras
O Foro pola Economía Social Galega naceu en Santiago de Compostela no ano 2018 impulsado polas organizacións máis representativas das diferentes familias da economía social galega: a Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (Aeiga), a Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia (Aesgal), a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca), a Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro (Cegasal) e a Unión de Cooperativas Galegas Espazocoop.
A día de hoxe, na economía social galega hai máis de 4.788 entidades, cun volume de emprego estimado de 24.904 persoas traballadoras e máis de 74.120 persoas socias, comuneiras ou mutualistas.
———
*Fonte: Comunicación de FOROESGAL (Foro pola Economía Social Galega)