A Milpa do Salnés está en Campaña de Avais: á procura de financiamento de Coop57

 

Apúntaste? Queres ser parte das garantías dun Proxecto no Rural?

A cooperativa A MILPA DO SALNÉS inicia unha Campaña de recollida de avais, busca con elo acceder a  financiamento para o seu proxecto profesional a través da solicitude dun préstamo a COOP57. Esta entidade de servizos financeiros ofrece un tipo de finanzas éticas con maior implicación social que apoia proxectos da economía social, como A Milpa do Salnés S. Coop. Galega.

Calquera pode apoiala para que acade financiamento, como? subscribindo un Aval e non implica desenvolsar diñeiro. Trátase de sumarse  a unha garantía de natureza mancomunada, e  supón que o importe total do préstamo que solicitan divídese de forma proporcional entre todas as persoas avalistas.

Para acceder a financiamento de Coop57, un dos requisitos é a subscrición de avais mancomunados, por un importe igual ao que se solicita a organización interesada.

Para que a campaña de avais sexa exitosa precisan amosar que a economía social e solidaria é unha rede colaborativa e que actúa como tal, por iso solicitan apoio para subscribir avais e para facer difusión da súa campaña. Aquí deixamos toda a información para que poidades valorar a subscrición de avais.

[ Coop57 outra forma de financiar ]

Información da solicitude de préstamo por A MILPA DO SALNÉS S. Coop. Galega:

Préstamo a avalar

Empréstito a longo prazo
Importe : 29.000 euros
Prazo : 5 anos
Finalidade : Gastos e investimentos do proxecto de “Producción de grano y semillas de maíz autóctono gallego, usando técnicas ecológicas en o Val do Salnés”

Avais mancomunados
Importes de subscrición : Avais entre 300,00 e 5.000,00 € (por avalista)
Período de vixencia do aval: De febreiro do 2022 a febreiro 2027.

Que son os avais mancomunados?
Garantía que Coop57 solicita para a concesión do préstamo
Un compromiso con A Milpa do Salnés, que NON supón desembolso de diñeiro.
A súa natureza mancomunada supón que o importe total do préstamo divídese de forma proporcional entre todas as persoas avalistas.
Son persoais e non patrimoniais.

Prazo para comunicarnos a vontade de subscrición
Venres 14 de xaneiro do 2022

Coordinación e xestión
A Milpa do Salnés Sociedade Cooperativa Galega.

A Milpa do Salnés Sociedade Cooperativa Galega nace no 2020 co gallo da VIII convocatoria da Fundación Juana de Vega destinada a programas de apoio a empresas agroalimentarias.

A nosa idea de negocio foi unha das 4 finalistas do programa, culminando na implementación e seguimento do proxecto e é no ano 2021 no que se realiza a inscrición e legalización definitiva da Cooperativa, con apoio técnico de Espazocoop, da que somos socia. A través da nosa cooperativa creamos dous postos de traballo na zona rural de Meaño, no Val do Salnés.

As liñas de traballo da nosa cooperativa baséanse na produción ecolóxica, transformación artesanal, formación e investigación en temas relacionados coa agricultura ecolóxica e o medio ambiente. Para A Milpa do Salnés é importante poder contribuir positivamente coa nosa contorna social, económica e ambiental, centrando moitas das nosas accións cara os colectivos máis vulnerables e desfavorecidos.

O noso produto estrela é Milpa – Fariña de millo nixtamalizado que é a mistura da cultura grastronómica Mesoamericana e a tradición agrícola da Galicia Atlántica.

Creamos un producto dirixidos a persoas consumidoras latinoamericanas, que usan o millo como principal cereal na súa dieta, e persoas consumidoras españolas interesadas en novas posibilidades para a súa dieta a base de millo nixtamalizado.

A nosa zona de traballo é o Val do Salnés en Meaño – Pontevedra, unha zona onde históricamente producíuse millo con semente autóctona a pequena escala, usado para o consumo humano. Nos últimos anos medrou a porcentaxe de millo híbrido sementado, orientándose a produción únicamente para a alimentación animal. O abandono do uso de millo branco autóctono conleva a perda da nosa riqueza xenética asociada ao millo autóctono local.

O noso proxecto potencia as nosas capacidades produtivas para abastecernos da materia prima principal da fariña Milpa, recuperando o uso de variedades autóctonas de millo usando técnicas de cultivo ecolóxicas, con baixo uso de combustibles fósiles e usando métodos innovadores e novidosos na zona, que permitan manter a produtividade e de igual xeito contribuir coa conservación dos recursos naturais.

Entre os requisitos para poder ter acceso ao financiamento de Coop57, está a subscrición de avais mancomunados por un importe igual ao que se solicita.

COMO PODES COMUNICARNOS A SUBSCRICIÓN DE AVAIS MANCOMUNADOS?
[Por correo postal] Rúa Ponte Dena, Número 14, 3ºC. Dena. CP 36967. Meaño (A Milpa do Salnés / Ofelia Gaitán Palacios)
[Por teléfono] 663110657
[Por email] info@amilpadosalnes.com ou amilpadosalnes@gmail.com

COMO SE FORMALIZA O AVAL MANCOMUNADO ?
[PASO 1] Comunicar á A Milpa do Salnés a vontade de subscribir un aval, ata o venres 14 de xaneiro de 2022.

[PASO 2] Despois do prazo indicado, solicitaremos a cada avalista o documento de compromiso de aval (cumprimentado e asinado, xunto do Dni ou CIF), en formato dixital, a enviar por correo electrónico a info@amilpadosalnes.com ou amilpadosalnes@gmail.com antes do 21 de xaneiro de 2022.

No caso de que non poida asinar o aval de forma electrónica, enviar por correo postal o documento orixinal de compromiso de aval a: A Milpa do Salnés / Ofelia Gaitán Palacios (Rúa Ponte Dena número 14, 3ºC. Dena. C.P. 36967. Meaño).

Solicitudes para subscribir aval | Solicitude persoa físicaSolicitude persoa xurídica ou entidade

Xuntas podemos facer cousas que por separado sería máis difícil !!

MÁIS INFORMACIÓN nestes links:
Preguntas máis Frecuentes, FAQs para avalistas | FAQs, neste enlace
Memoria | Memoria do Proxecto A Milpa do Salnés, neste enlace