MEMORIA 2017 de EspazoCoop: revela o papel esencial das asociacións de cooperativas

/, Espazo Coop, Novas do cooperativismo/MEMORIA 2017 de EspazoCoop: revela o papel esencial das asociacións de cooperativas

A Memoria do pasado ano da ‘Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop’ revela o papel esencial das asociacións de cooperativas

Durante a Asemblea anual 2018 do 1 de xuño, presentouse a Memoria social 2017 de EspazoCoop ás cooperativas socias, agora comunícase á cidadanía e toda a sociedade a actividade desenvolvida e o papel da Unión ao longo do último ano.

Actualmente a organización aglutina a cerca de duascentas cooperativas galegas (195), de diversos sectores de actividade, e de varias tipoloxías (traballo asociado, consumo, ensino, explotación comunitaria da terra, …). Que se enmarcan dentro dunha cultura de traballo basada en valores e nas persoas, a cultura cooperativa,  que pertencen ao movemento cooperativo e o sector da economía social galega, nacional, e mundial, integrando a máis de 1.900 persoas cooperativistas. A Unión conta ademais, con dúas sectoriais, a Sectorial de Cooperativas de Ensino e a Sectorial de Cooperativas do Sector Cultural, e ten abertas 3 oficinas en A Coruña, Santiago e Vigo.

 

A Memoria da xestión social, amais de presentar a entidade e as cooperativas socias que integran a asociación, dá conta e resume o Plan de Traballo desenvolvido en 2017 (basado no Plan Extratéxico 2016-2019 aprobado), en eixos de traballo como :

1| Difusión, promoción, e visibilidade do cooperativismo

(máis de 1.800 beneficiarias, 44 entidades colaboradoras e máis de 70 intervencións)

2| Creación e consolidación de cooperativas

(21 proxectos pre-cooperativos atendidos, 9 cooperativas constituídas e 53 beneficiarias)

(na liña de consolidación destacaron as accións e programas a favor das cooperativas como: os Almorzos Cooperativos – 15 sesións de intercooperación, 51 cooperativas participantes -; o programa Consolida Coop – mentoring para 10 cooperativas beneficiarias – ; Bolsas de Xerencia – apoio á función xerencial en cooperativas para 6 cooperativas benefiarias -; Plan de Formación en materias cooperativas con 15 tipos de cursos, 38 accións formativas, e 630 beneficiarias; servizo de Financiamento Ético a través de Coop57;  servizo de orientación e apoio na xestión das cooperativas socias – máis de 80 cooperativas atendidas -)

3| Representatividade e influencia política

( Con múltiples relacións institucionais, con axentes sociais, redes e colaboradores, nas que se traballan demandas e suxestións das socias e do cooperativismo en xeral, como pode ser a Contratación Pública Responsable, acádanse convenios e colaboración como a participación no Pacto Local polo Emprego no Concello da Coruña, particípase en organizacións cooperativas representativas de ámbito nacional e internacional como Coceta, Uecoe, Cecop, etc. , ou lévase a cabo un encontro – entrevista de presentación entre EspazoCoop e a Presidencia da Xunta de Galicia; entre outras máis que se citan na Memoria)

4| Comunicación

(destacando a habilitación de novas canles comunicativas coas socias e a sociedade, e o aumento do tráfico das mesmas)

>> Na creación, desenvolvemento e apoio do cooperativismo as unións de cooperativas xogan un papel esencial. 

A Unión desenvolve e colabora en estratexias e programas que reforcen o cooperativismo, actuando como axente de intermediación nun proceso de diálogo construtivo entre as administracións públicas, o tecido socioeconómico e as persoas interesadas, co fin de mellorar a visibilidade e o impacto que ten o cooperativismo na sociedade, participando en actuacións que identifiquen a contribución do  cooperativismo á sociedade, ao crecemento económico sustentable e á cohesión social, desenvolvendo a  difusión de coñecemento e experiencias e apoiando redes que favorezan economías de escala.

A Unión de Cooperativas EspazoCoop, nestes momentos aglutina o maior número de cooperativas da comunidade.

Descarga: Memoria social 2017 | Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop

EspazoCoop é unha unión de cooperativas, unha asociación de carácter empresarial, multisectorial, e sen ánimo de lucro, que actúa en Galicia. Integra a cooperativas galegas de distintos tipos (traballo asociado, ensino, consumo, servizos …), e inspírase nos principios e valores do movemento cooperativo e da economía social e solidaria. A Unión, fai parte do movemento cooperativo galego, é entidade de referencia na comunidade, e isto permite que esté nas organizacións estatais e internacionais, onde representa ás cooperativas e potencia o cooperativismo. Ademais, ten vocación de influír na sociedade e de contribuír aos cambios sociais, porque as cooperativas son un modelo óptimo para o desenvolvemento socioeconómico dos territorios e para realizar proxectos profesionais e doutras índoles.
EspazoCoop colabora e traballa para consolidar a economía cooperativa, a que pon no centro ás persoas, a democracia, a participación, a colaboración, o desenvolvemento sostible ou a responsabilidade social.

 

Deje su comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies