A finais de setembro tivo lugar na sede do Parlamento Europeo unha reunión do Intergrupo de Economía Social, que ten o fin de manter intercambios informais e promover a comunicación entre as eurodiputadas/os e a Economía Social europea.
A sesión estivo presidida polo eurodiputado Jens Nilsson, (S&D, Co-President of the Social Economy Intergroup), que suliñou a importancia da Economía Social na Europa actual e a necesidade de darlle un maior recoñecemento, mediante a implementación dun Plan de Acción para o 2017, no que se inclúan liñas de actuación, que a través dos diferentes modelos empresariais da Economía Social, se creen máis empregos, cos valores da Economía Social: persoas por enriba do capital, solidaridade, igualdade; para avanzar nunha Europa máis solidaria e equitativa, en definitiva unha Europa máis social.
Durante a sesión, interviu, entre outros, Ardalan Shekarabi, ministro de Administración Pública de Eslovaquia – país que ostenta este semestre a presidencia da UE –, quen manifestou a importancia da contratación pública como medio para desenvolver políticas de contratación máis sociais e sostibles a través das empresas da Economía Social, e, cómo a nova Directiva 2014/23 de la UE prevé esta actuación, polo que ten que ser implementada nos países da UE a través da correspondente transposición ás lexislacións nacionais.
Nadine Muller, responsable de Economía Social do Ministerio de Traballo de Luxemburgo, demandou á Comisión da UE un Plan de Acción para a Economía Social para o 2017.
Pola súa parte, o Director Xeral de Innovación Social en representación da Comisión Europea manifestou que a Economía Social está no centro dos debates da Comisión. Segundo as súas palabras, a UE ten que facer frente a moitos retos e as empresas da Economía Social poden dar resposta a estas necesidades, teñen un impacto social positivo; son resilientes á crise e non se deslocalizan. Tamén manifestou que a Comisión está comprometida en que a Economía Social esté na Axenda Europea.
Cabe destacar a intervención de Juan Antonio Pedreño, presidente de COCETA e CEPES, no seu papel como presidente da Social Economy Europe, quen destacou que a Economía Social debe ser un instrumento estratéxico da UE polos resultados que está ofrecendo, e que as institucións europeas teñen que cooperar no desenvolvemento da Economía Social e esto pasa pola implantación de ferramentas para a Economía Social. Se a Economía Social logrou mellores resultados nestes anos de crise, que outros modelos empresariais débese aos seus valores. Por elo, agora, xa é necesario que exista un Plan de Acción para a Economía Social para 2017.
Este mesmo foi o sentir das intervencións que realizaron por parte dalgúns dos/as asistentes á sesión. Destacou a do secretario xeral do CECOP que indicou como as cooperativas están colaborando aos bos resultados da Economía Social, recordando ás/ós representantes do Parlamento e da Comisión que as cooperativas de traballo non só actúan nos sectores de atención ás persoas, ou de carácter máis social, senón tamén na industria, nas enerxías renovables e na práctica totalidade dos sectores económicos e por elo, o Plan de Acción ten que recoller todo elo como valor engadido.
En novembro celebrarase unha nova Conferencia de Economía Social en Bratislava (Eslovaquia) como parte das actividades da presidencia Eslovaca da Unión Europea (o 30 de novembro e 1 de decembro).
Fonte: Coceta