A economía social no sector Cultura dinamízase nas redes sociais
As novas Redes Sociais do sector cultural enmárcanse no proxecto LACES (Laboratorios de Apoio á Creación de Emprego e Empresas de Economía Social) que é unha iniciativa do programa europeo Interreg V-A España- Portugal (Poctep) 2014-2020, cuxo obxetivo é contribuír ao fomento e consolidación da economía social nesta eurozona e, ademais, facer medrar a súa capacidade de xerar e consolidar emprego. Financiado con fondos Feder, comezou a se desenvolver no ano 2017 e rematará en decembro de 2019.
No marco deste proxecto establécense diferentes canles de comunicación específicas para accións relacionadas con varios sectores: Tic, Industria 4.0, Agroalimentario, Medio Ambiente, Turismo, Acción Social ou Cultura que foi recén inaugurado, sendo a responsable da súa dinamización a Unión de Cooperativas EspazoCoop, esta canle divulgará a ECONOMÍA SOCIAL e, nomeadamente proxectos e iniciativas relacionados co SECTOR CULTURAL, vinculando ambos temas co fin de promocionar modelos empresariais da economía social para desenvolver actividades económicas do ámbito da Cultura.
‘LACES Economía Social Cultura’ conta xa con perfís propios en Facebook, Twitter, Linkedin e Youtube, a través dos que recolle e amplifica os principios da economía social e especialmente as súas vantaxes como motor de creación de emprego e de novas oportunidades de negocio. Xunto a divulgación destes principios, as redes sociais de LACES Economía Social Cultura ocuparanse de recoller casos de éxito tanto en Galicia como no norte de Portugal e de promover a colaboración entre asociacións ou empresas.
No proxecto LACES colaboran a Xunta de Galicia, a Unión de Cooperativas EspazoCoop, a Universidade de Santiago de Compostela, a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, a Asociación de Sociedades Laborais Galegas, UTAD, Tec Minho, In.cubo e a Câmara Municipal de Santo Tirso.
Enlaces ás redes socias de LACES ECONOMÍA SOCIAL CULTURA GALICIA-PORTUGAL :
Facebook: facebook.com/LacesEconomiaSocialCultura
Twitter: twitter.com/CulturaLaces
Linkedin: linkedin.com/in/laces-economía-social-cultura-6b8979180/
Youtube: youtube.com/channel/UCjMZ4SNyTS-rFZxV1rZ0LaA?disable_polymer=true