Na semana do 17 de agosto a Cooperativa Xeitura vai desenvolver a segunda edición deste campamento, no poboado de Castromao, organizado polo Concello de Celanova e a Fundación Curros Enríquez.
A primeira edición foi todo un éxito, segundo publican no diario La Región, podes velo aquí. Desta volta, o campamento diríxese a rapaces e rapazas entre dez e trece anos, serán actividades sobre o modo de vida dos castrexos, xogos, contacontos, saídas culturais e de experimentación arqueolóxica.
Campamento infantil Coelianova
Lugar: Poboado de Castromao, Celanova (Ourense)
Datas: do 17 ao 21 de agosto
Horario: 10:00 – 14:00
Para máis información e inscricións, contactade con Begoña no 650 05 70 11