As «OurenseGrafías» levan consigo a realización de mapas de recursos e patrimonio colectivo, descripción dos mesmos, cartografía, datos GPS e outro tipo de información. E estos póñense a disposición de toda a veciñanza para o seu uso en páxinas oficiais de organismos e de forma libre na rede (a través da web http://ourensegrafías.net).

Ten como obxetivo  «cartografar a identidade» da ciudade de Ourense, empezando polos barrios e as institucións de cara a un mellor aproveitamnto dos recursos e o seu uso futuro en iniciativas que se poidan enmarcar en sectores como o turismo e a cultura, entre outros.

O proxecto que desenvolve Xeitura – cooperativa de xestión do patrimonio cultural – contempla actuacións nos barrios situados no entorno dos enclaves patrimoniais máis destacados da cidade -casco histórico, os ríos Barbaña, Miño e Loña e o castro de Santomé- e se levarán a cabo diferentes accións anuais nos barrios de A Chavasqueira, Mende, As Lagoas, Casco Histórico e Ribeira do río Miño.

E dentro das actividades vinculadas ao proxecto, inclúese un bicipaseo que se levará a cabo o día 13 de decembro, no que realizarán unha visita guiada ás instalacións de La Molinera para coñecer a iniciativa de recuperación deste espazo.

Fai clic : O proxecto na prensa local 28/11/14