NOSA ENERXÍA SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA PRESENTA O NOVO SERVIZO DE MOBILIDADE CO COCHE ELÉCTRICO EN GALICIA

A cooperativa enerxética galega presenta o servizo de mobilidade co coche eléctrico de cara a garantir aforro, sustentabilidade e apostar por un novo modelo enerxético.

 

O vindeiro 23 de outubro ás 11:00 horas no Auditorio de Rianxo, Nosa Enerxía presenta o servizo de mobilidade co coche eléctrico para as súas socias.

Trátase dun feito pioneiro debido a que, por primeira vez unha compañía enerxética pon a disposición das súas persoas socias consumidoras a opción de mobilidade cun coche eléctrico, garantindo un gran aforro económico e baseado nun novo modelo enerxético sostible e empregando enerxía renovable.

Con esta iniciativa Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega fai unha aposta dentro do seu modelo enerxético sostible, accesible e que mellora a calidade de vida das súas socias consumidoras, a diferencia do modelo enerxético vixente.

O gasto medio en combustible dunha familia é de 1.200 € ao ano. Trátase dun consumo enerxético baseado no petróleo e que reduce considerablemente a renda económica familiar.

Na presentación exporán os detalles deste servizo e o modelo de coche que se vai a empregar.

Para máis información:

Pablo Álvarez | nosaenerxia@nosaenerxia.com

teléfono: 669902271

www.nosaenerxia.com