A cooperativa Cidadanía precisa incorporar proximanente unha persoa para desenvolver tarefas de apoio en proxectos.
– Con formación e experiencia en traballo de equipos, animación e dinamización social, e procesos de participación.
– Dispoñibilidade para viaxar.
– Dominio de idioma galego (falado e escrito).
– Centro de traballo en Santiago de Compostela.
Enviar currículo ao enderezo cidadania@cidadania.coop ata o día 5 de marzo de 2018.
Cidadanía é unha cooperativa de profesionais das ciencias sociais que desenvolve labores de consultoría, participación social, investigación e formación. A democracia é o corazón do proxecto profesional de Cidadania.
Ademais, realizan labores de investigación social e consultoría pública para organizacións e Administracións Públicas principalmente. Tamén desenvolven labores de formación, sobre todo nos ámbitos de mellora organizativa para entidades sen ánimo de lucro e da Economía Social.