A cooperativa de traballo Árbore da Vida abriu un proceso de selección para incorporar unha socia ao seu proxecto.

Precisan a unha persoa profesional con experiencia no ámbito da saúde e o benestar, que teña como filosofía de traballo as terapias complementarias (fisoterapeuta, quiromasaxista, acupuntor/a, fisioestética, naturópata, etc.).

Árbore da Vida adícanse á prevención, coidado e tratamento da saúde dende un punto de vista integral, teñen dous centros de traballo: En Vigo e O Covelo (Pontevedra), e ofrecen un contrato de emprego a proba por seis meses coa posibilidade de incorporarse como socia/o da cooperativa.

 

Máis información, preme AQUÍ . Enviar currículo a info@arboredavidacelta.com Prazo: 15 febreiro 2018