Arabías é unha cooperativa de traballo asociado de recente creación e especializada en investigación-acción socioeducativa e xénero. A equipa de traballo está formada por unha politóloga e unha educadora social, especialistas en políticas públicas de igualdade e formación en xénero.
Con motivo da convocatoria da Orde do 11 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE), a igualdade laboral e conciliación laboral e persoal, ofrecen os seus servizos para aquelas cooperativas que teñan interese en contar cun Plan de Igualdade.
A continuación amosan algúns datos do voso interese ao abeiro da citada orde:
Liña II: elaboración e implantación de plans de igualdade (TR357C).
Requisitos das empresas solicitantes:
- Poderán ser pemes, micropemes ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea, con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas, e deberán contar cun mínimo de 5 persoas traballadoras. Tamén poderán presentar solicitude as empresas con axencia, sucursal, delegación ou calquera outra representación en Galicia que deberán ter contratado nesta comunidade autónoma un mínimo de 8 persoas.
- Deberán cumprir os requisitos xerais exixidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- Non poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades sen ánimo de lucro nin as entidades públicas.
Contía da axúda:
- O pagamento do 80 % dos custos cun máximo de 1.500 € nas empresas de ata 20 persoas traballadoras, e ata 3.000 € nos demais supostos, dos custos que leve consigo o proceso de elaboración do plan.