Os días 12, 13 e 14 de novembro, no espazo Noventa de Santiago de Compostela:
Ten lugar a exposición Noventa (metros) máis de cor, un proxecto artístico-terapéutico organizado pola cooperativa 7H que nace co desexo de pór as manifestacións artísticas contemporáneas ao servizo dos nenos e nenas hospitalizados e dos seus familiares, e cuxo obxectivo é eliminar, a través da arte, a síndrome da hospitalización, nun intento por mellorar a calidade de vida dos menores ingresados durante unha situación sempre difícil para toda a familia.
3 días de intercambio entre as protagonistas dunha e doutra etapa do proxecto, onde se poderán visitar parte das maquetas do proxecto inicial, mercar a publicación do mesmo e namorarse das 31 ilustracións polas que se poderá puxar e adquirir o sábado 14, nunha gala que deparará moitas sorpresas.
Fai clic para saber máis e acceder ao programa : Noventa (metros) máis de cor
Colabora: Noventa. R/ Romero Doallo 38 – Santiago de Compostela