A Concellería de Promoción Económica, Emprego e Turismo, do Concello de Pontevedra, promove esta Feira de Emprego que se concibe como un lugar de encontro entre diferentes propostas empresariais, iniciativas emprendedoras, e persoas en busca activa de emprego para comunicarse, debater, achegar ideas, atopar talento, xerar sinerxias, favorecer contactos e colaboracións …
O Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá os días 23 e 24 de outubro tódalas actividades, que se organizarán ao redor de catro espazos :
Área de expositores – Área de formación – Área de debate – Área bolsa de contratación
O cooperativismo estará presente nesta feira, o día 24 ás 12 horas haberá unha charla sobre ” O autoemprego na economía social e o cooperativismo “ por parte de Ana Lorenzo, técnica na Rede Eusumo.
E ademais desenvolveranse dúas edicións do obradoiro “Creación dunha cooperativa : pasos e axudas “ ( o día 23 de 17.30 -18.30, e o día 24 de 11 – 12 horas), dentro da oferta de Obradoiros de Mellora da Empregabilidade desta Feira.