O Conservatorio Histórico de Santiago, S. Coop. Galega cumpre o seu X Aniversario durante este curso e por este motivo queren resaltar as liñas de actuación que os definen e que lles fan especiais. Unha delas é a SOLIDARIEDADE, desde hai anos intentan transmitir aos seus alumnos e alumnas a necesidade de axudar. Así xorden os seus Concertos Solidarios que estiveron dedicados a diferentes entidades.
Comentan que “todos eles son oportunidades para amosar o noso traballo e agradecer a todos e todas o desexo de ofrecelo en favor de quenes nos necesitan. Unha oportunidade tamén para a COOPERACIÓN entre alumnado, familias e profesorado que nos agrada e enriquece.”
O Conservatorio organiza o 1º CONCERTO SOLIDARIO a favor de UNICEF o mércores 9 de decembro ás 19 h.