“Cooperar para transformar. Unha economía ao servizo das persoas“, é o lema desta primeira feira da economía solidaria que se desenvolverá durante a fin de semana do 1 e 2 de xuño de 2013 en Madrid.
Está promovida por REAS Madrid e o Mercado Social de Madrid (MES), e nela haberá unha importante presenza de cooperativas, así como o obradoiro para persoas adultas ” Emprender en formato cooperativo “.
A meta principal da Feira é afortalar e visibilizar a a Economía Social e Solidaria madrileña. Unha realidade socioeconómica en crecimento que ofrece a través das súas prácticas respostas reais á crise actual en diversos sectores como o produtivo, a comercialización, os servizos, o consumo ou o financeiro, a través de modelos empresariais e proxectos sociais que basan a súa viabilidade nunha rendabilidade integral (económica, social e ambiental).
Máis información da Feria : Feira Madrid “Yo voy”