Impulsa o teu proxecto con estes talleres de Crowdfunding

Cada vez máis proxectos priorizan a satisfacción das necesidades das persoas por riba do lucro. En Goteo, a súa misión é acompañar e impulsar iniciativas colectivas que poñan a vida no centro.

Talleres online abertos a entidades e cooperativas

Dende Fundación Goteo ofrecen dous talleres gratuítos dirixidos a cooperativas e entidades da Economía Social e Solidaria que buscan financiarse a través do crowdfunding. Se é o teu caso ou coñeces a alguén que poda ter interese nelo, apúntate ou difunde para que outros proxectos similares podan co-financiarse. Estas serán as sesións:

TALLER 1: Claves para o éxito do crowdfunding do teu proxecto de Economía Social e Solidaria – Martes 14 de decembro (10:00-12:00)

Neste taller formativo gratuíto explicarán que é o crowdfunding segundo Goteo. Darán claves para preparar un crowdfunding, dando especial atención ao teu relato, á descripción do teu presuposto, recompensas individuais, e o teu compromiso social.

TALLER 2: Ferramentas e estratexias para a comunicación do teu crowdfunding de Economía Social e Solidaria – Xoves 16 de decembro (10:00-12:00)

Neste taller formativo gratuíto coñecerás os elementos a ter en conta e as ferramentas á túa disposición para a difusión da túa iniciativa. Verás como a comunicación é un elemento crucial para o éxito dunha campaña de crowdfunding. Un crowdfunding ben plantexado funciona tamén como campaña de comunicación, xa que ofrece visibilidade e proxección á iniciativa. Ademais, se amplifica o impacto, xa que as iniciativas poden aproveitar unha maior visibilidade e lexitimidade.

Inscríbete aquí: https://goteo.cc/inscripcionescrowdfundingess2021

Para dúbidas e comentarios escribe a info@goteo.org

GOTEO.ORG

Financiamento colectivo con ADN aberto
Crowdfunding the Commons
http://goteo.org/

fb e twitter: @goteofunding