«Impulsando a I+D+I, a dinamización de Redes, e o estímulo da utilización das TIC, nas Cooperativas de Galicia»
icoopera
E una iniciativa promovida pola Consellería de Traballo e Benestar que ten por obxecto impulsar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación, a dinamización de redes, e o estímulo da utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións, nas cooperativas de Galicia.
Fai clic : Carta difusión I+D+i – Tríptico Programa ICOOPERA 2015 – Folla Adhesión ao Programa
O proxecto icoopera
As sociedades cooperativas, como verdadeiras institucións socioeconómicas, fan fronte ás constantes transformacións que, de forma progresiva, prodúcense no mundo actual. Os cambios tecnolóxicos, económicos e na organización de traballo que dan especial protagonismo ás pequenas e medianas empresas, abren ás cooperativas amplas expectativas para a súa expansión, pero é preciso que leven a cabo un proceso de mellora da súa competitividade e fortalecemento interno.
Para iso, pon a disposición das cooperativas galegas de calque sector, este proxecto durante o ano 2015
1. Asesoramento, formación e divulgación
icoopera pon a disposición das cooperativas que o soliciten un mecanismo de apoio en todos os aspectos relacionados coa xestión de proxectos, a utilización das TIC e temas afíns.
Ademáis o proxecto inclúe formación online/presencial e accións de divulgación en materia de I+D+i e uso das TIC como motor de desenvolvemento nas cooperativas galegas.
Como parte esencial do servizo icoopera, establécese como obxectivo o lanzamento de dez proxectos de innovación xurdidos dos integrantes das cooperativas galegas.
2. Programas de I+D+I
Aquelas cooperativas interesada en por en marcha un proxecto de I+D+i, poden beneficiarse do soporte prestado polo equipo consultor do servizo, que consiste en:
Apoio aos integrantes do equipo da cooperativa, na elaboración da proposta de proxecto.
Procura e selección das convocatorias públicas de financiamento, adecuadas á natureza do proxecto.
Asistencia na formalización de solicitudes para as convocatorias públicas seleccionadas e seguimento até a súa resolución.
Se vostede cooperativista, ten unha idea de proxecto, gostaríanos poder avaliala. Pode utilizar a nosa Ficha de Idea para recoller os aspectos esenciais da súa proposta, e remitila ao correo info@innovacioncooperativas.coop. Un técnico consultor contactará con vostede e analizará as posibilidades de participar neste programa.
3. Inmersión nas TIC
O servizo establece o acompañamento e tutorización a 94 cooperativas para o desenvolvemento de programas de inmersión nas TICs. Nestas cooperativas desenvolveranse actuacións en función das súas características e capacidades de autoxestión, propoñendo dous niveis de intervención: un itinerario básico e un itinerario avanzado.
Estas actuación contarán co asesoramento e apoio a través dun técnico informático do equipo de traballo icoopera.
CONTACTO :
Se desexa participar nesta iniciativa ou precisa de máis información, contacte en :
Teléfono 981 552 059
info@innovacioncooperativas.coop