Convenio Colectivo do Ensino sostido total ou parcialmente con fondos públicos
[Sectorial de Cooperativas de Ensino de EspazoCoop ]
O luns 21 de xuño de 2021 asinouse o VII Convenio Colectivo do Ensino sostido total ou parcialmente con fondos públicos, dos cales a FEDACES –Federación de de Centros de Ensino de Economía Social– é parte asinante, despois dun proceso negociador complicado pola crise xerada polo Covid19 e a situación irregular que por iso se viviu nos centros educativos, finalmente logrouse a firma do VII Convenio Colectivo de Ensino Concertado e nese sentido as organizacións patronais e sindicais realizaron unha manifestación de apoio aos centros ante a difícil situación xerada pola pandemia e o gran labor desempeñado polo persoal dos centros, o alumnado, as familias e os titulares dos centros.
A Mesa Negociadora do VII Convenio constituíuse o 27 de febreiro de 2020 e desde entón FedAces xunto co resto de organizacións do sector, traballou intensamente por sacalo adiante. Así o texto final alcanzado nace despois do preacordo asinado o 30 de abril de 2021 cun amplo respaldo patronal e sindical ao ser subscrito este VII Convenio polas organizacións patronais, FED-ACES, EyG, CECE e APSEC e os sindicatos, FSIE, FEUSO, UXT Servizos Públicos e FE.CC. OO. A partir de aí e grazas á colaboración de todas as partes, finalmente logrouse un acordo beneficioso para o conxunto do sector que salvagarda os dereitos dos traballadores e permite a sustentabilidade dos centros.
Entre as principais novidades do texto deste VII Convenio destacar :
– A súa vixencia ata o 31 de decembro de 2024. A nova excedencia para vítimas de violencia de xénero dunha duración entre 3 meses e 1 ano.
– A xornada do PAS redúcese a 1.570 horas de forma progresiva: en 2022, a 1.590 horas; en 2023, a 1580 horas; e en 2024, a 1.570 horas, quedando a xornada semanal con carácter referencial.
– Acláranse os períodos de vacacións e os períodos sen actividade.
– Créase unha bolsa de 20 horas retribuídas, que se poderán gozar ao longo do ano para a asistencia a consultas médicas, tanto propias como de fillos menores de idade, cónxuxe, pais e familiares de primeiro grao de consanguinidade que non poidan valerse por si mesmos. Inclúense os acordos subscritos anteriormente, así o de control de xornada e o das saídas do centro de máis dun día de duración.
– Actualízase o texto para adaptarse a cantas novidades legais han xurdido durante estes anos de negociación, como a nova consideración dos permisos retribuídos.
– Asínase unha subida salarial do 2% e do 0,9% para 2020 e 2021, respectivamente, para todo o persoal e sobre todos os conceptos.
– Acordouse crear varias comisións de traballo para aqueles aspectos do convenio que puidesen conlevar cuestións máis significativas da relación laboral dos centros, así comisións para o estudo e a adaptación da xornada de traballo do persoal docente; clasificación profesional; réxime sancionador; réxime de cursos e perfeccionamento profesional, entre outras.
No seguinte enlace pódese acceder ao Convenio Colectivo de empresas privadas de ensino, sostenidos total ou parcialmente por fondos públicos >> https://n9.cl/x2qcb