235 persoas relatoras e 2950 participantes déronse cita do 11 ao 13 de outubro de 2016 no Cume Internacional das Cooperativas, unha iniciativa da Alianza Cooperativa Internacional e o Grupo Desjardins (Canadá), en Quebec City.
Chegaron participantes de 116 países, foi o encontro cooperativo internacional máis amplio do mundo, e este ano centrouse no “ poder de actuar” das cooperativas.
“Esta edición demostrou o vigor e a forza nas accións que poden facer as cooperativas e mutualidades, que xuntas suman máis de 2,6 millóns de negocios, 1.3 mil millóns de membros e cerca do 15% da economía mundial”, indicaron desde a organización nun comunicado.
Para moitas/os dos relatores, o verdadeiro poder das cooperativas pasa pola “súa visión a longo prazo, a súa aptitude colaborativa, e a súa integración do proceso social con éxito económico, tres factores que están dando forma á economía do futuro”.
Contidos
Durante os tres días da Cume leváronse a cabo debates constructivos, e discusións sobre os temas clave da actualidade, vistos por algunhas persoas como líderes da economía, o nobel de Economía, Joseph Stiglitz, o teórico social e económico Jeremy Rifkin e o líder de opinión Robert Reich, así como o fundador e director de FSD, Mark Kramer ou o consultor global de innovación e liderazgo Navi Radjou.
A participación centrouse nas oportunidades e retos das cooperativas e mutualidades, incluída a súa capacidade de actuar na economía real, o rol crecente das mulleres nas posicións de liderazgo, e os novos modelos de negocios e prácticas nos diferentes sectores.
Desde España e como presidente da Confederación Mundial de Cooperativas de Industria e Servizos, CICOPA, que representa ás cooperativas de traballo e da que é socia COCETA, participou o andaluz Manuel Mariscal, entre outros.
Obxetivos de Desenvolvemento Sostible
“A actividade económica das cooperativas e mutualidades reafirmou a súa capacidade, pola súa natureza e os seus valores, para contribuír ao desenvolvemento sostible”, indicaron desde la organización. “Esta é a primeira vez que un grupo económico internacional comprometeuse formalmente a apoiar os 17 Obxetivos de Desenvolvemento Sostible das Naciones Unidas, que pretenden acabar coa pobreza, protexer o planeta e garantir a prosperidade para todos.
Neste sentido, o último día da Cumbre levouse a cabo unha reflexión global, na que as persoas participantes identificaron diversos tipos de accións para lograr os obxetivos.
Os resultados dos comités e as iniciativas plantexadas poderán verse na web “Co-op for 2030” http://www.coopsfor2030.coop/
“Está claro que xuntas as cooperativas poden contribuír ao desenvolvemento sostible”, indicou Monique Leroux, presidenta da Alianza Cooperativa Internacional. “As ideas e propostas amosadas durante a sesión de chuvia de ideas, como en numerosas actividades da cume, amosan a vitalidade do noso movemento. A calidade das intervencións nas mesas redondas, as presentacións e talleres, foi mencionada entre as persoas participantes. Estou moi orgullosa do éxito deste evento, que constitúe un verdadeiro punto de partida hacia o futuro”.
“Deixo esta cume coa determinación renovada para facer máis espazo á mocidade, ás persoas empregadas e ás direccións das nosas cooperativas”, agregou o presidente do grupo Desjardins, Guy Cournier. “Esa é unha das claves para permanecer relevantes nos nosos mercados, mirando hacia a era dixital. O outro factor importante, na miña experiencia, é ter a oportunidade de poñer caras para a cooperación tanto en Canadá como noutros países do mundo. Foi fascinante coñecer a persoas de cooperativas de calquera parte do mundo, que están innovando para desenvolver as cooperativas e facelas máis conectadas e fortes”.
Declaración Preliminar
A declaración preliminar do encontro, que contén as orientacións para os próximos anos, estará disponible na web da cume. Porán énfasis no compromiso do movemento cooperativo en lograr os obxetivos de desenvolvemento das Nacións Unidas. Reflectirá o compromiso das cooperativas e mutualidades, feito nas sesións de chuvia ideas, en temas como seguridade alimentaria, emprego, acceso á saúde e o coidado social, a pobreza e a inclusión, así como o cambio climático e o desenvolvemento sostible. A declaración tamén incluirá algúns ambiciosos obxetivos plantexados para facer crecer as cooperativas e mutualidades, e a súa reputación.
Fonte: Coceta