Día do Cooperativismo Galego 2025, 5 de xullo en Rábade

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración comprácese en convidar a vostede a unha xornada moi especial: a celebración do Día do Cooperativismo Galego 2025.

Será o sábado 5 de xullo ás 12 h, como é tradición, coincidindo co Día Internacional das Cooperativas, nas instalacións de Rabadense de Transportes, S. Coop. Galega, en Rábade (Lugo). Este ano, o lema resoa con forza: “As cooperativas promoven solucións inclusivas e sostibles para un mundo mellor”.

 

 

 

Ademais, este 2025 é o Ano Internacional das Cooperativas, un recoñecemento á importancia destas organizacións para o noso desenvolvemento, a creación de emprego e a construción dunha sociedade máis xusta.

*Pregamos confirmación de asistencia tan pronto como resulte posible, e antes do 27 de xuño, a través do formulario da web https://www.cooperativismogalego.com/inscricion2025, ou chamando ao teléfono 604 06 25 06 de luns a venres en horario de 9 a 14.30 h.

Agardamos que nos acompañe nesta data clave para o cooperativismo galego!