Convoca: Consellería de Economía, Emprego e Industria

Obxecto: As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións para a mellora de imaxe, modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego.

Prazo: 18 de febreiro de 2016

Entidades beneficiarias: Poderán ser beneficiarios/as das subvencións as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, así como as federacións de comerciantes e as asociacións profesionais de artesáns.

Fai clic : SUBVENCIÓNS SECTOR COMERCIANTE RETALLISTA E ARTESANAL

Destacamos as seguintes actuacións subvencionables, entre outras, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2016 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 19. :

1) Para as/os comerciantes retallistas:

a) Acondicionamento do local comercial . Máximo subvencionable será de 10.000 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 40 %.

b) Medidas orientadas á mellora da imaxe exterior e adquisición de moblaxe e equipamento dedicado ao desenvolvemento da actividade comercial e para uso exclusivo na superficie de venda. Máximo subvencionable será de 5.000 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 40 %.

2) Para as/os titulares de obradoiros artesanais:

a) Sistemas de etiquetas intelixentes. Máximo subvencionable será de 6.000 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

3) Para as/os comerciantes retallistas ou titulares de obradoiros artesanais:

a) Ferramentas ou programas informáticos que melloren a xestión do establecemento/obradoiro e o deseño dos seus produtos. Máximo subvencionable será de 4.000 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

b) Desenvolvemento e implantación de solucións de empaquetado e etiquetaxe dirixido a mellorar a loxística e a comercialización do produto e o deseño da súa presentación. Máximo subvencionable será de 5.000 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

c) Novos sistemas de comercialización que combinen o comercio online e offline, a implantación e actualización de páxinas web ou aplicacións para dispositivos móbiles. Máximo subvencionable será de 6.000 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

d) Páxinas web comerciais. Máximo subvencionable será de 1.000 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

e) Novos sistemas de comercialización e información ao consumidor que impliquen a utilización das redes sociais para a venda. Máximo subvencionable será de 8.000 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

Os beneficiarios poderán solicitar unha actuación por cada epígrafe e o investimento máximo subvencionable por beneficiario será de: Para comerciantes retallistas 39.000 € (IVE excluído) e para os titulares de obradoiros artesanais 30.000 € (IVE excluido) e a porcentaxe de subvención a que se especifica en cada epígrafe.