O Igape e Amtega lanzaron o Program Re-acciona TIC, que abriu o prazo da segunda convocatoria das axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Empresa Dixital e Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona TIC), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020.

Prazo: 05/12/2016 – 10/01/2017.

Obxeto:

Conceder axudas ás pemes destinatarias dos seguintes servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Empresa dixital por parte da Amtega e Industria 4.0 por parte do Igape, para a súa realización en empresas galegas, dentro do Programa Re-accionaTIC, integrados nas seguintes categorías:

Empresa dixital:
1º. Servizo de diagnóstico para a aplicación de solucións dixitais na empresa.
2º. Servizo de soporte para a adopción e despregamento de solucións en mobilidade.
3º. Servizo de asistencia para a adopción de solucións dixitais innovadoras para a mellora da xestión empresarial.
4º. Servizo de acompañamento na definición e posta en marcha de estratexias de marketing dixital.

Industria 4.0:
1º. Servizo de diagnóstico de capacidades e oportunidades para a aplicación de solucións Industria 4.0.
2º. Servizo de acompañamento na posta en marcha de solucións Industria 4.0.
3º. Servizo de xeración de modelos e simulación industrial.

As axudas configúranse como axudas en especie, da disposición adicional terceira da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A dita axuda confórmase como a diferenza entre o custo aboado polo Igape pola prestación do servizo e o importe exixido ás pemes beneficiarias en concepto de cofinanciamento.

Máis información :

Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia: Aquí

Na Web do Igape: http://reacciona.igape.es/