A Consellería de Economía e Industria vén de abrir, a través do Igape, a sétima convocatoria de diagnósticos integrais e servizos avanzados para facilitar a mellora da competitividade das pemes galegas. A convocatoria, a través do Plan Re-Acciona, refírese a unha oferta de máis de 300 diagnósticos integrais e servizos avanzados para a mellora da competitividade empresarial das pemes galegas.
Como resposta ás solicitudes prersentadas ao amparo da primeira convocatoria do ReAcciona, na actualidade o Igape está a coordinar a implantación de servizos avanzados de mellora da competitividade en preto dun cento de empresas, e están realizados ou en fase de realización medio cento de diagnósticos de competitividade gratuítos para as pemes que os solicitaron.
Prazo: Ata o 20 de Decembro
Procedemento de inscrición: aquí