A Consellería de Traballo e Benestar ten aberta a convocatoria de axudas :
Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria. Prazo xeral de solicitude: 30/09/15.
Trátase de axudas á contratación, axudas á transformación de contratos temporais en indefinidos, e axudas pola adaptación de postos de traballo, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo.
Obxecto: promover a integración laboral das persoas con discapacidade nas empresas ordinarias con centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, a través das subvencións establecidas.
Fai clic: Bases reguladoras