O Concello de Vigo ten aberta a convocatoria do ano 2015 do “Programa de Axudas Municipais á Creación de Empresas”, as cales foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP núm. 53 do mércores 18 de marzo de 2015).
Beneficiarios/as :
Poderán acollerse a estas axudas os/as empresarios/as individuais e as pequenas e medianas empresas (PEME), independentemente da súa forma xurídica, que iniciasen a súa actividade empresarial entre o 1 de abril de 2014 e o 31 de marzo de 2015 .
As axudas son a fondo perdido e a súa finalidade é subvencionar parte dos gastos da posta en marcha e do funcionamento da empresa durante os primeiros meses de actividade. O importe máximo destas axudas será de 3.000 € por empresa beneficiaria e non poderá superar o 50% dos gastos efectuados durante o período indicado nin tampouco exceder da contía total do investimento inicial realizado polos promotores/as.
Prazo de solicitudes: 19/03/2015 – 15/07/2015
Máis información, fai clic : Convocatoria do Programa de Axudas Municipais á Creación de Empresas