A Consellería de Economía, Emprego e Industria convocou os premios á cooperación 2017.
Finalidade: Fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que os/as cooperativistas veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade Autónoma Galega.
Poderán optar a estes premios: As cooperativas galegas que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo na Comunidade Autónoma galega.
Modalidades:
• Premio aos valores cooperativos, dotado con 5.000 €
• Premio ao mellor proxecto cooperativo novo (cooperativa con antigüedade igual ou menor a 42 meses), dotado con 5.000 €
• Premio á traxectoria cooperativa, (cooperativa con antigüedade maior a 42 meses), dotado con 5.000 €
Prazo: a presentación das solicitudes remata o 30 de abril de 2017
DESCARGA :
Corrección de erros: aquí
Fai clic: Cartel Premios á cooperación
No DOG nº 25 de 6 de febreiro de 2017, publícase a Orde do 23 de xaneiro de 2017 que establece as bases reguladoras dos Premios á Cooperación 2017, estas bases foron aprobadas polo Pleno do Consello Galego de Cooperativas.