[Oferta de contratación]

Servizo de comunicación externa para a Unión de Cooperativas EspazoCoop.

 

EspazoCoop lanza unha oferta para a contratación dun servizo de comunicación. Agardamos que sexa de interese para as cooperativas socias que realizan estes servizos e actividades, que poderán candidatarse e presentar unha proposta ata o 30 de xaneiro de 2023 ás 14 horas.

Obxeto do contrato: O obxeto fundamental é a contratación dun Servizo de Gabinete de Comunicación Externa da actividade da Área Institucional da Unión de Cooperativas EspazoCoop. Excepcionalmente, podería ter que dar apoio á área de comunicación xeral da entidade.

Procedemento: Procedemento aberto de adxudicación ás cooperativas socias da Unión de Cooperativas EspazoCoop.
Entidade contratante: Unión de Cooperativas EspazoCoop.
Prazo de execución do servizo: Até o 31 de decembro de 2024.
Presentación de ofertas: A través do correo nuria@espazo.coop , con aviso de recibo.
Orzamento: 18.000 euros (ive non incluído).
Data límite de presentación de ofertas: Até 30 de xaneiro de 2023 ás 14 horas.
Descarga a oferta de contratación: Oferta de contración para o Servizo de Comunicación